O pasado xoves 22 deste mes de marzo, a asociación ANABAM, representada polo seu presidente, mantivo unha reunión de traballo co Vicepresidente da Cámara Municipal de Caminha, e á vez vereador de Medio Ambiente da mesma. Dita reunión tivo por obxecto espoñer os traballos que esta asociación ten previsto desenvolver neste ano 2018 no municipio Caminhense.
 
       O vereador de M.A., Guilherme Cesário Lagido Domingos, manifestou abertamente o seu apoio a estes proxectos, interesándose polos mesmos e ofrecéndose a xestionar os permisos necesarios para levar a cabo algúns deles. Ademais, comprometeuse a facilitar o desprazamento ao persoal de ANABAM que vai desenvolver as actividades na outra beira do Miño..
 
       ANABAM vén traballando dende hai varios anos no municipio caminhense, pero non é ata o ano 2012, co proxecto borrelho, cando verdadeiramente iniciamos a nosa actividade na veciña vila.
 
     No que respecta a este ano, temos previsto desenvolver seis accións:
 
     -Proxecto Borrelho: protección e estudo da nidificación do borrelho-de-coleira.interrompida.
     -Proxecto Larus: Censo de niños e polos de gaivota patiamarela no núcleo urbano de Caminha, con probabilidade de ser ampliado a outras feligresías próximas.
     -Proxecto Andoriña: censo de niños de andoriña-de-cu branco.
     -Eurynebria complanata: levaremos a cabo varias prospeccións para ver a situación real deste insecto nas praias caminhenses.
     -Proxecto Camariña: Censo, protección e divulgación desta planta tan ameazada.
     -Honckenya peploides: Localización e toma de datos desta planta nas praias do municipio.
 
      Finalmente, colaboraremos nunha xornada ambiental destinada á poboación no vindeiro mes de maio.
 
Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo
23-03-2018
REUNIÓN CO RESPONSABLE DE MEDIO AMBIENTE DA C.M. DE CAMINHA
Xuntanza mantida pola Cámara Municipal de caminha e ANABAM, nas dependencias municipais para expoñer os proxectos de ANABAM e solicitar o apoio da Cámara.
LEMBRA QUE PODES BOTAR UNHA MAN COMO VOLUNTARI@ 
 
PODES INSCRIBIRTE COMO TAL PREMENDO AQUÍ
PORTADA 
ÍNDICE INFORMACIÓN 
SEGUINTE
         ANABAM segue na súa cruzada de divulgación do PROJETO BORRELHO por terras portuguesas, en colaboración co CMIA (Centro de Monitorizaçao) de Viana do Castelo. Así, para o próximo 7 de abril estaremos na praia do Cabedelo (Viana do Castelo) para participar nunha xornada de divulgación do Borrelho-de-coleira-interrompida (Charadrius alexandrinus). Vai destinada aos pais e alumnos dunha escola das proximidades que desexan coñecer máis polo miudo en que consiste este proxecto. Membros do grupo de traballo de ANABAM, xunto con colaboradores desta asociación, estaremos alí para contribuir na tarefa de concienciar, sensibilizar e divulgar a necesidade de protexer ao borrelho-de-coleira-interrompida.
 
 
 
       Por outra banda, tamén participaremos nunha actividade organizada pola Cámara Municipal de Caminha, no próximo mes de maio, co obxecto de divulgar, un ano máis, ese mesmo proxecto, tal e como vimos facendo dende hai varios anos. Neste caso, será unha actividade aberta ao público que se desenvolverá na praia de Moledo e que forma parte das actividades que organiza o concello con motivo do Día Mundial da Diversidade Biolóxica.
7
SÁBADO 
ABRIL
 
19
SÁBADO 
MAIO