SECCIÓN ENTOMOLÓXICA "Pelegrín Franganillo"

 

-INSECTOS -

 

Charaxes jasius

 

Responsable Sección Entomolóxica: Agustín Ferreira Lorenzo

Equipo de Campo: Carlos Angíliza Entenza, Silvia Bautista Salgueiriño, Luis Dorado Senra; Agustín Ferreira Lorenzo, Antón Ferreira Lorenzo, Noé Ferreira Rodríguez,  Mª Consuelo González de Dios, Manuel A. Pombal Diego, Ricardo Portela Vilas, Fco. Javier Sánchez González e Ricardo da Silva Diz., Ángeles Villasenín Álvarez

 

BIODIVERSIDADE

FAUNA 

 INSECTOS

ARÁCNIDOS

 

 

 

 

 

FLORA

 

 

 

 

 

 

 

IR Á PORTADA

 

     

Actualizada o 16-7-2014

 
     

 

Texto e fotos: Agustín Ferreira L.-anabam

 

 
 

O BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA SEGUE

O SEU CURSO NORMAL

     
         
   

    O sábado 28 de xuño visitamos o "bosque para unha bolboreta" que temos no Trega onde comprobamos que a bolboreta Charaxes jasius se reproduce con normalidade. Foron poucos os ovos que observamos e tamén algunha eiruga, pero o máis importante é que esta especie se desenvolve perfectamente no mesmo, logo de varios anos de seguimento.

 

      Na fotografía un dos ovos observados.

 
         
   

      A Charaxes pon ovos en dúas xeracións: unha entre maio e xuño, que polas nosas observacións non é a máis prolífica, e outra a finais de agosto, e setembro, que adoita ser moito máis numerosa. Así que veremos se neses meses citados temos un maior número de ovos e eirugas.

 

    Temos que sinalar que o bosque foi limpado da invasiva acacia hai pouco máis dun mes, xa que esta especie exótica temos que conseguir erradicala do "bosque" polo dano que produce sobre as demais especies, como pode ser, neste caso, nos érbedos e na propia bolboreta.

 
         
   

 

      Un dos érbedos plantados hai case dez anos para crear o "bosque para unha bolboreta". Os érbedos son fundamentais para ese insecto xa que as eirugas se alimentan exclusivamente das follas destas árbores.

 
         

 

     

Actualizada o 25-09-2012

 
     

 

Texto e fotos: Agustín Ferreira L.-anabam

 

 
 

NOVAS ÁREAS DE DISTRIBUCIÓN NO BAIXO MIÑO

DE CHARAXES JASIUS

 

     
   

   Mapa de distribución da bolboreta Charaxes jasius actualizado.

 

    Como se pode apreciar, en tódolos concellos da comarca está presente este insecto. Hai seis anos, a súa presenza no Baixo Miño era totalmente descoñecida. A inclusión desta especie no P.E.S (Plan de Especial Seguimento), unha vez localizada na comarca, permitiu coñecer e, mesmo, ampliar a súa área de distribución no Baixo Miño, pasando de ser considerada unha especie ameazada e moi localizada a ser case que unha especie común, aínda que non abondosa.

 

     As dúas últimas áreas onde foi localizada pertencen ao Concello do Rosal, concretamente foi localizada nun monte das Eiras, e ao Concello da Guarda, habéndose detectado indicios da súa presenza no monte Terroso.

 
     

 

 
   

    Esta paraxe, situada nas Eiras (O Rosal), é a penúltima das localizacións de ANABAM en canto a Charaxes. A observación efectuada nos érbedos que hai bordeando esta pista, deu resultado positivo.

 
     

   

 
   

      Tres dos catro membros de ANABAM que estiveron buscando Charaxes na zona mencionada anteriormente. Na fotografía observando con detemento un dos érbedos.

 
         

 

      Actualizada o 29-11-2011  
     

 

Texto e fotos: Agustín Ferreira L.-anabam

 

 
 

ACTUALIZACIÓN DA ÁREA

DE DISTRIBUCIÓN NO BAIXO MIÑO DE Charaxes jasius

     
         
 

 

        O seguimento que o grupo de traballo de ANABAM, ven levando a cabo sobre a bolboreta Charaxes jasius, deu como froito unha nova localización da especie, esta vez en Tomiño, na zona de Barrantes, onde Ricardo da Silva, integrante do citado grupo de traballo, observou eirugas nos érbedos alí presentes, observación realizada o pasado mes de setembro. Con este dato, xa podemos confirmar que esta bolboreta está presente nos cinco concellos do Baixo Miño, sendo o municipio do Rosal, no monte denominado Niño do Corvo, onde a súa presenza é máis intensa, lugar, por outra banda, onde fora localizada por primeira vez.

 

    Temos que sinalar que as obras da autovía que pasa polo citado monte, eliminaron a franxa inferior na que se desenvolvían as eirugas, franxa que representaba o límite inferior da presenza desa especie na mencionada zona.   

 
         

 

      Actualizado  o 10-09-2011  
     

 

Texto e fotos: Agustín Ferreira L.-anabam

 

 
 

CONFIRMADA AS NOVAS LOCALIZACIÓNS DE

Charaxes jasius

     
         
 

 

     As observacións efectuadas por Ricardo da Silva Diz, integrante do equipo de traballo de ANABAM, acaban de confirmar a presenza da bolboreta Charaxes jasius no Monte Aloia.

 

     Estas observacións leváronse a cabo nos cinco érbedos que hai na baixada, a carón da estrada, os cales non superan os dous metros de altura. Soamente nun dos érbedos foron contabilizados 21 ovos, algúns dos cales podemos ver nas fotografías que nos envía Ricardo.  

 
         
 

 

 

 

 

Mapa de localización de Charaxes jasius no Monte Aloia, segundo as últimas observacións realizadas por ANABAM.

 
         
 

 
     

 

      Actualizado o 25-08-2011  
     

 

Texto e fotos: Agustín Ferreira L.-anabam

 

 
 

 

     Co fin de comprobar e confirmar resultados, dous membros de ANABAM, Ricardo da Silva Diz e Agustín Ferreira, desprazáronse ata Oia (subida á Valga) e O Rosal (Niño do Corvo) para recoller datos da bolboreta dos érbedos.

 

    O sábado 20 de agosto, efectuamos unha visita aos érbedos existentes na subida á Valga, en Oia,  observando as follas do grupo de érbedos que están distribuídos en dous grupos, un fronte a antiga casa forestal e outro aproximadamente a uns 500 metros antes de chegar a ese punto. Da observación efectuada non localizamos ningún rastro de presenza da bolboreta, polo que dentro dun par de semanas, xa metidos no mes de setembro, voltaremos para levar a cabo unha nova observación.

 

    Na fotografía o membro de ANABAM, Ricardo da Silva, observando un pequeno érbedo para tratar de localizar ovos ou eirugas de Charaxes.

 
         
 

      Localización das dúas zonas, nas proximidades da Valga, onde se atopan os érbedos analizados. En setembro do pasado ano, foron localizadas eirugas no círculo superior, pero na observación efectuada o pasado día 20 deste mes de agosto, observamos algunhas follas comidas por eirugas da Charaxes, polo que podemos afirmar que nesta última localización tamén debe estar presente a especie.

      Ámbalas dúas zonas distan aproximadamente un quilómetro entre sí.

 
         
 

 

   O sábado a saída foi ao Niño do Corvo, no Rosal. Aquí os resultados foron positivos, practicamente tódolos érbedos observados tiñan postas e, mesmo,  algúns deles, tamén contaban con eirugas. Deste xeito, os novos datos acadados poñen de manifesto que a mediados de agosto xa contamos con postas desta bolboreta no Baixo Miño, pois algunhas das eirugas observadas tiñan un tamaño que superaba o centímetro de lonxitude.

 

   Na fotografía da esquerda, obtida na saída do sábado 17 ao Niño do Corvo, explicación dos elementos que aparecen nela.

 
         

 

   

Actualización: 29-11-2010

 

Texto e fotos: Agustín Ferreira L.-anabam

 

 

 

Área de distribución da bolboreta dos érbedos na comarca do Baixo Miño. Dende que se descubrira esta especie na comarca, no ano 2007, e gracias aos traballos de campo e de divulgación levados a cabo por ANABAM, cada vez sabemos máis desta especie na comarca.

 

  

    A bolboreta dos érbedos é un dos lepidópteros máis grandes de Galicia. Na comarca do Baixo Miño son tres as especies de tamaño grande, ademais desta están Iphiclides podalirio e a Papilio machaon, estas dúas moi comúns en todo o Baixo Miño.

 

    No ano 2007 descubríase o primeiro exemplar da Eiruga dos érbedos no Niño do Corvo. Un ano despois púxose en marcha o Proxecto "Un bosque para unha bolboreta". A partir de entón comezou a prestarse máis atención a esta bolboreta no Baixo Miño.

 

 

 
   

 

O érbedo (arbutus unedo) é a planta nutricia das eirugas. Da súa presenza ou ausenza dependerá que a Charaxes estea nunha determinada área ou non.(Foto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam).

 

 

Eiruga de Charaxes jasius fotografada en Oia

o 20 de novembro de 2010. (Foto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam)

   

 

  Esta é, polo de agora, a última das áreas onde localizamos as eirugas da bolboreta dos érbedos. Exactamente conta con 15 destas árbores, moi próximas unhas das doutras, algunhas delas de pouco máis dun metro.(Foto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam).  

OBSERVACIÓNS:

 

Javier Blanco.................................setembro 2006.................15-44

Agustín Ferreira Lorenzo................setembro 2007.................15-44

Suso Requejo...............................setembro 2007.................15-44

Agustín Ferreira Lorenzo................xuño 2009.......................15-44,43,42

                                                                                         16-44,43,42

Manuel A. Pombal Diego...............xuño 2009.......................15-44,43,42

                                                                                         16-44,43,42

Cita de Suso Requejo..........................2008.........................26-58

Información sen confirmar.....................................2009.........27-53

Agustín Ferreira Lorenzo......................20-Novembro-2010.....11-50

Ricardo Portela Vilas...........................20-Novembro-2010.....11-50

 

    Ademais, o equipo de campo de ANABAM: Carlos Angílica Entenza; Luis Dorado Senra; Agustín Ferreira Lorenzo; Antón Ferreira Lorenzo; Mª Consuelo González de Dios; Manuel A. Pombal Diego e Ricardo Portela Vilas, veñen realizando continuas observacións e seguimento da especie.

 

   

 

 

 

Ovos de Charaxes. O máis frecuente é que nunha folla haxa só un ovo, pero as veces poden verse catro. Estas postas son individuais, os ovos non están en contacto.

 

  XANEIRO FEBREIRO MARZO ABRIL MAIO XUÑO XULLO AGOSTO SETEMBRO OUTUBRO NOVEMBRO DECEMBRO
VÓO(imago)                        
OVOS                        
EIRUGAS                        
CRISÁLIDA                        

 

Actualizada o 30-09-2008

 NOVA LOCALIZACIÓN DE CHARAXES JASIUS NO BAIXO MIÑO

 

Texto e fotos: Agustín Ferreira L.-anabam

 

     O entomólogo Suso Requejo ben de confirmar unha nova área de distribución da bolboreta Charaxes jasius no Baixo Miño, concretamente no Parque Natural do Monte Aloia, logo de que o pasado ano observara un ovo nunha folla de érbedo. Con este achádego, son dúas as localidades da comarca onde está presente a citada bolboreta.

 

 

     O érbedo no que foi observado o ovo de Charaxes, era un exemplar pequeno polo que inicialmente había dúbidas de si este exemplar estaba recén plantado. Segundo confirmaron traballadores do parque, o érbedo en cuestión levaba xa uns catro anos alí polo que, deste xeito, puido confirmarse que a posta fora efectuada no propio parque.

 

 

Charaxes jasius

      Texto e fotos: Agustín Ferreira L.-anabam

 

         Sabiamos da súa presencia no Baixo Miño polos datos aportados por outro entomólogo, Javier Blanco, colaborador de ANABAM, que a descubrira no pasado ano (2005) para o Baixo Miño. Agora, queriamos confirmar esta presencia e recabar algúns datos máis da máis grande bolboreta diurna de Galicia. Achegámonos ata a zona na que foi citada o ano pasado. Éramos Jesús Requejo, entomólogo, e Agustín Ferreira. O único lugar do Baixo Miño onde temos constancia da súa presencia se atopa no municipio do Rosal. Dirixímonos á zona onde temos constancia da súa presencia. Os erbedos (Arbutus unedo) é a súa planta nutricia e dela se alimenta exclusivamente. Revisamos varios exemplares e descubrimos a presencia de ovos (27-08-2006). Sendo esta a primeira cita para o Baixo Miño dos mesmos. Isto nos confirma un dato interesante: que a poboación de Ch. jasius na zona onde fora atopada po javier Blanco é estable. Os ovos son pequenas esferiñas de algo máis dun milímetro de diámetro, dunha cor amarela, solitarios, que aparecen na cara superior das follas da súa planta nutricia: o erbedo (Arbutus unedo). Así que, se había ovos tiña que haber imagos. Non tardamos en atopar un exemplar que voaba xunto a outras dúas grandes bolboretas: Iphiclides podalirius e Papilio machaon. Para Suso non era novidade, pero para Agustín sí. Durante varios minutos aproveitados para filmar e fotografiar a Ch. jasius deleitándonos coa súa observación. Eran máis das dúas da tarde e disfrutamos con esta marabilla da natureza durante varios minutos.

Durante varios segundos permaceo pousada sobre un rochedo.

Aproveitamos para obter unha instantánea.

 

 

O reverso desta bolboreta é espectacular. 

 

 

 

 

Os ovos son pequenas esferiñas de cor amarela, individuais, depositados na cara superior da folla de erbedo.

 

Fotografía da eiruga de Charaxes jasius, unha semana despois de nacer.

 Ten 10 milímetros de lonxitude.