SECCIÓN ENTOMOLÓXICA "Pelegrín Franganillo"

 

-INSECTOS -

 

Euphydrias aurinia

 

Responsable Sección Entomolóxica: Agustín Ferreira Lorenzo

Equipo de Campo: Carlos Angíliza Entenza, Silvia Bautista Salgueiriño, Luis Dorado Senra; Agustín Ferreira Lorenzo, Antón Ferreira Lorenzo, Noé Ferreira Rodríguez,  Mª Consuelo González de Dios, Manuel A. Pombal Diego, Ricardo Portela Vilas, Fco. Javier Sánchez González e Ricardo da Silva Diz., Ángeles Villasenín Álvarez

 

BIODIVERSIDADE

FAUNA 

 INSECTOS

ARÁCNIDOS

 

 

 

 

 

FLORA

 

 

 

 

 

 

 

IR Á PORTADA

 

(Foto: Pablo Covelo)

 

    Actualizada o 29-04-2015
   

 

Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam

 

 

      Se marzo marca a época de masiva presenza de eirugas de E. aurinia, abril leva a palma no que aos imagos desta especie refírese. Ducias de exemplares revolotean polos mesmo lugares onde unhas semanas antes o chan estaba materialmente cuberto de eirugas. 

   

 

 

     Pero maio adoita, por momentos, ser período de chuvias e, mesmo de temperaturas baixas ou ceos anubados. Isto trae como consecuencia que poidamos ver moitas bolboretas de E. aurinia pousadas sobre diversos tipos de flores á espera de condicións climáticas moito mellores que lles permitan voar e procurar parella para perpetuar a especie.

 

     Estas son boas ocasións para fotografar con toda tranquilidade a estas bolboretas, sen tomar demasiadas precaucións.

 

   

     
        Nesta fotografía e na anterior, podemos comparar o anverso e reverso das ás polo que podemos decatarnos das claras diferenzas existentes entre unha e outra parte.

     Esquerda un exemplar macho. Compárase co exemplar da fotografía de máis abaixo, que é unha femia.

     

 

    Actualizada o 25-03-2015

         "EXPLOSIÓN" DE EIRUGAS NO MES DE MARZO

 

 

Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam

 

 

    As eirugas de Euphydrias aurinia fixeron acto de presenza, un ano máis, de forma “explosiva” neste mes de marzo, si ben os primeiros exemplares comezaron verse a principios de febreiro. Pero é en marzo, fundamentalmente nos días soleados e nas horas onde a temperatura é maior -horas centrais do día-, cando varios centos delas desprázanse dun lado para outro na procura de alimentación e buscando un posible un lugar onde se converter en crisálida.

 

 

 

 

 

 

 

      Na zona costeira estas eirugas aparecen a milleiros e, aínda que non sabemos se no interior do Baixo Miño tamén sucede o mesmo, probablemente si, é na senda litoral da Guarda onde adoitan verse con maior facilidade en grande número debido á que a citada senda supuxo un “accidente” que interfire no camiño que percorren. O 19 de marzo, día soleado, sen vento, decidimos contar o número de exemplares que ao longo duns tres quilómetros da citada senda atopábamos, sen deternos, simplemente contando o número de exemplares que éramos capaz de ver no percorrido. Eran ás 14.30 horas, e o percorrido durou uns 40 minutos. Dado que non nos detíamos, foron moitos exemplares que non puidemos contabilizar, pois non nos daba tempo a incorporalos. O resultado foi que chegamos a sobrepasar a cantidade de 1800 eirugas. Como a senda ten dous tramos diferenciados: un de madeira e outro de cemento e pedra, comprobamos que no tramo de madeira apenas había eirugas, cousa por outra parte lóxica xa que non lles resultará moi doado desprazarse ata a superficie. Pola contra, a parte encementada (e empedrada) é onde practicamente estaba a totalidade dos exemplares. De regreso, decidimos contar , seguindo o mesmo sistema de non deternos, o número deexemplares que aparecían mortos ou esmagados. Pois ben, o resultado superou os 1300 individuos. Se dicimos que o resultado foi duns 500 indiviudos salvados, non sería certo, porque mentres os individuos mortos non se moven do sitio, os vivos si e, ao longo da tarde seguían desprazándose dun lado ao outro. Tamén observamos que no carril bico o número de exemplares era maior que no tramo peonil. A razón tamén é sinxela de explicar: mentres que moitas persoas tratan de evitar pisar ás eirugas, no carril bici, sortealas resulta máis complicado, así que, óptase por seguir pedaleando a costa de deixar as pegadas das eirugas no cemento.

 

 

 

 

 

 

      10-03-2013  
     

 

Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam

 
 

 

    Practicamente cun un mes de diferenza con respecto ao pasado ano, o 8 deste mes de marzo observamos, pola senda litoral, as primeiras eirugas do ano da bolboreta E. aurinia. As pequenas eirugas, de cor negra, aproveitaron un respiro soleado, logo de varios días de anubrados e chuvias, para buscar alimento e prepararse para o seu próximo estado de pupa antes de transformarse en bolboreta. (Foto: Agustín Ferreira L-anabam)

    

 
         

 

      14-02-2012  
     

 

Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam

 
 

 

DATOS FENOLÓXICOS

 

   O pasado luns, 13 deste mes de febreiro, rexistramos a primeira observación,no que vai de ano, de Euphydrias aurina, concretamente de eirugas desta especie, que se desplazan pola senda litoral, entre Camposancos e o porto da Guarda.

 

   A medida que transcorren os días, o número de exemplares irá en aumento e, de seguro, que ao igual que o pasado ano, veremos en parte da mencionada senda un sinfín de eirugas, unhas aplastadas polo paso dos traseuntes e outras desprazándose por ela. Máis adiante darán lugar ás bolboretas que, tamén, en grande cantidade, voarán

para emparallarse e perpetuar a especie. (Foto: Agustín Ferreira L-anabam)

 
         

 

        Actualizada o 15-03-2011  
 

UNHA EXPLOSIÓN LARVARIA

 

 

Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam

 
 

 

     Practicamente, dende finais de febreiro vimos observando como centos de eirugas cruzan, diariamente, a senda litoral no traxecto comprendido principalmente entre a depuradora da Guarda e o remate do carril bici. No treito que vai a continuación, como non teñen necesariamente que cruzalo, posto que poden facelo por debaixo da pasarela, as eirugas pasan desapercibidas.

 

     Estas eirugas pertencen á especie Euphydrias aurina. Segundo nos comenta o entomólogo Suso Requejo, que está a colaborar con ANABAM, é unha especie que está en claro retroceso en moitas zonas de Europa, aínda que aquí en Galicia é abondosa. (Foto: Agustín Ferreira L-anabam)

 
           
 

 

    Cada círculo amosa onde se atopa unha destas eirugas, a excepción do círculo máis grande onde hai máis de 20 exemplares resultando imposible observalos na fotografía.

 

    Nunha contaxen que fixemos no noso desprazamento pola zona o día 2 de marzo, nun tramo duns 400 metros, contabilizamos máis de 300 exemplares soamente no trazado do carril bici. Polo que son milleiros de eirugas ás que diariamente se desplazan ou cruzan a senda. Unha grande cantidade delas acaban a súa vida na superficie do semento, aplastadas poals pisadas e bicicletas dos transeuntes. (Foto: Agustín Ferreira L-anabam)

 
           
 

 

    Euphydrias aurinia é unha bolboreta de mediano tamaño de cor predominantemente acastañada que se pode ver tamén abondosamente no estado de adulto, voando polas mesmas zonas por onde se ve a eiruga

 

     Esquerda, fotografía dun exemplar femia.

 

.(Foto: Agustín Ferreira L-anabam)

 
           
 

 
 

                                                                         

                        (Foto: Pablo Covelo)