ANDORIÑAS DE CU BRANCO
NO BAIXO MIÑO
TUI: PRINCIPAL ZONA DE ANIÑAMENTO DA ANDORIÑA DE CU BRANCO
A GUARDA
 
     Na década dos sesenta e setenta, no centro do núcleo urbano guardés podían verse moitoses edificios con niños de andoriña de cu branco. Por poñer un exemplo, na arteria principal da vila guardesa, a que hoxe forman a rúa Galicia e a rúa Puerto Rico, non existe ningún edificio que acolla niños desta especie, cando hai pouco máis de 40 anos era raro o edifico que non tiña algún. Levamos, pois, máis de 40 anos, sen rexistrar niños desta avenesa estrada. A finais do século pasado, na década dos noventa, só había un niño rexistrado na rúa Calvario desa mesma localidade, paradoxalmente estaba situado no edifico onde se atopaba o local de ANABAM. pero este niño tivo corta vida, uns dous anos, porque foi destruído polos electricistas que colocaron un cable pola fachada. A primeiros da década deste século, na rúa Oliva, do mesmo concello, tamén tiñamos rexistrado un niño, que foi destruído posteriormente cando se pintou a fachada. Hoxe resulta verdadeiramente difícil atopar nesta vila niños desa especie. 
Texto: Agustín Ferreira Lorenzo
Fotos: Agustín Ferreira Lorenzo
           e  arquivo anabam 
31-01-2018
Portada

A parte nova de Tui é, posiblemente, un dos lugares de maior concentración de niños de andoriñas de cu branco do Baixo Miño. Moitos deles son destruídos polos residentes dos pisos debido ás molestias ocasionadas polos excrementos. Pero a algunhas persoas non lles importan ter os niños e ata esperan a chagada das andoriñas. Algunhas, para evitar as molestias que ocasionan os excrementos, toman sinxelas medidas, como pode ser colocar unha pantalla baixo os niños.

MARXE PORTUGUESA
    
      Ao contrario do que sucede na beira galega, pódese dicir que en tódalas feligresías da marxe portuguesa do Miño aniñan as andoriñas de cu branco, sen excepción algunha. Ata hai uns anos, o número de edificios con presenza de niños era ben patente, pero nestes últimos doce anos a destrución dos mesmo se acrecentou notablemente, como puidemos comprobar en Caminha, Seixas, Vila Nova de Cerveira, San Pedro da Torre, etc.
PROXECTO "ANDORIÑA"
    
      Vendo que o número de niños presente no Baixo Miño estaba a diminuir pola acción humana, no ano 2001 iniciamos o Proxecto Andoriña", co que comezamos a desenvolver un seguimento especial da nidificación desta especie na bisbarra.
 
     Ademais, durante cinco tempadas (2006, 2007, 2008, 2009 e 2010) realizamos campañas de protección e conservación dos niños desta especie, que retomamos neste mesmo ano 2018, no que sorteamos tres centos euros en cada unha delas.
CENSOS DE NIÑOS
    
      No ano 2004 procedemos a realizar un primeiro censo de niños de andoriña de cu branco nas poboacións que aparecen no cadro adxunto, limitándonos ao casco urbano.  Censo que se repetiu no ano 2017 pero con maior esforzo e cubrindo unha maior superficie, mesmo desprazándonos ao extrarradio, polo que a prospección foi máis intensa e os resultados amosan 180 niños para o ano 2004 fronte aos 288 para o ano 2017. A priori, pois, parece que a poboación de andoriñas non só se mantén senón que aumentan os seus efectivos. Nada máis lonxe da realidade. Este bo resultado comparativo obedece, como dixemos con anterioridade, ao maior esforzo prospectivo realizado no último dos anos citados.
 
     Cabe sinalar que os niños rexistrados son aqueles que estaban ocupados, polo tanto con crías ou incubación, e os que se vían completos, descartando (aínda que si se rexistraron) as siluetas correspondentes a niños destruídos ou en construcción e os incompletos debido á posible destrución dos mesmos ou que se achaban tamén en construción.
  2004 2017
AUMENTO (A)
DIMINUCIÓN (D)
%
TUI
108
87   D: 21     D: 19,45%   
VALENÇA  ??  116  ??  ??
SAN PEDRO DA T. ??   ??  ??
VILA NOVA C. 17   25 A: 8 A: 47,05% 
LANHELAS  2  0  D: 2 D: 100% 
SEIXAS ??   5  ?? ?? 
CAMINHA 30   49  A: 19 A: 63,33% 
MOLEDO 17   ??  ??  ??
VILA PRAIA DE A.  6  ??  ??  ??
NOVO CENSO PARA ESTE ANO 2018
    
      Dentro dos traballos de campo previstos por ANABAM para para este ano 2018, está a realización dun novo censo de niños de andoriña de cu branco en tódalas poblacións que figuran no cadro, ademais de intentar comprobar se na Guarda, Oia, O Rosal, Goián e Tomiño se observa algún niño. O esforzo que se fará será similar ao do pasado ano co fin de corroborar os datos obtidos. O censo terá lugar a partir do vindeiro mes de abril.
 
       Esta actividade está aberta á colaboración das persoas que queiran botar unha man, para iso poden dirixirse a esta asociación a través do:
 
correo electrónico: anabam.anabam@gmail.con
ou whatsapp: 61 61 80 557
BASES CAMPAÑA PROTECCIÓN NIÑOS
IDENTIFICACIÓN ANDORIÑAS
ANDORIÑAS NO BAIXO MIÑO
OIA, TOMIÑO E O ROSAL
 
    Aínda que nestes concellos temos observado voar andoriñas de cu branco, ata o de agora non rexistramos ningún niño da especie nos mesmos, polo que nesta tempada, que comezará a finais de febreiro, trataremos de ver se atopamos algún.
TUI
    
      De tódolos concellos baixomiñotos desta parte dereita do Miño, Tui é un caso aparte. A meirande parte dos niños rexistrados concéntranse no centro do núcleo urbano. Aí temos rexistrado no ano 2017, 87 niños, pero no ano 2004 foron 108. Persoalmente lembramos que dende mediados da década dos sesenta e ata finais dos setenta, en case tódolos edificios da Corredera había un ou máis niños. Na actualidade, é difícil atopar algún nesta rúa. Os últimos foron destruídos no primeiro quinquenio deste século. Case todos os existentes na actualidade, están concentrados na parte nova, ou sexa nos edificios próximos á Área Panorámica-centro Saúde.
Parte traseira da Área panorámica (Tui). Aquí, o número de niños de andoriña de cu branco foi sempre numeroso. Estes se sitúan baixo o beiral do tellado.