Especie que a atopamos no límite inferior da supralitoral.
Abondosa.
Florece de febreiro a abril, principalmente.
Flores abrancazadas ou rosadas.
Fotografía: Agustín Ferreira Lorenzo
Nucella lapillus
A partir da intermarel media cara a infralitoral.
Abondosa.
Tamaño: Maior de 15 mm
Cor:variada e mesmo a bandas.
Fotografía: Agustín Ferreira Lorenzo
Silene maritima (=Silene uniflora)
Na supralitoral.
Abondosa.
Forma matas tapizantes.
Flores brancas.
Fotografía: Agustín Ferreira Lorenzo
Littorina saxatillis
A partir da intermareal media cara a infralitoral.
Abondosa.
Tamaño: Menor de 15 mm
Estrías marcadas.
Fotografía: Agustín Ferreira Lorenzo
Verucaria maura
A partir da intermareal media.
Lique abonso, doado de confundir con manchas de alcatrán, debido á semellanza co mesmo.
Lique incrustante.
Cor negra.
Fotografía: Agustín Ferreira Lorenzo
Patella ulyssiponensis
A partir da intermareal baixa.
Costelas polo xeral marcadas.
Forma máis ben ovalada.
Altura: intermedia a baixa.
Fotografía: Agustín Ferreira Lorenzo
Lecanora atra
Na supralitoral inferior.
Lique abonso, incrustado nas rochas
Cor gris abrancazada ou gris verduxenta.
Fotografía: Agustín Ferreira Lorenzo
Patina pellucida
A partir da intermareal baixa.
Vive pegada fundamentalmente nas algas laminarias.
Cuncha de pequeno tamaño, ata quince mm. case que translúcida, con sete bandas azuladas, estreitas, rechamantes.
Fotografía: Agustín Ferreira Lorenzo
Gibbula pennati
Fundamentalmente na intermareal baixa.
Sen embigo ou practicamente inexistente.
Base axedrezada.
Cor avermellada.
Fotografía: Agustín Ferreira Lorenzo
Gibbula obliquata
Fundamentalmente na intermareal mediaa.
Embigo moi marcado.
Base a bandas ou clara.
Cor con bandas alternas vermellas.
Fotografía: Agustín Ferreira Lorenzo
Ramalina silicuosa
Na supralitoral inferior.
Lique abonso, ramacento
Cor verdosa.
Fotografía: Agustín Ferreira Lorenzo
Nassarius reticulatus
Principalmente na franxa intermareal baixa.
Cuncha con costelas ben marcadas.
Animal preeiro.
Ata 30 mm.
Cunchas valeiras habitualmente habitadas por cangrexos ermitáns.
Fotografía: Agustín Ferreira Lorenzo
Lichina pygmaea
Lique que se pode confundir cun alga.
Na zona intermareal alta.
Abondosa.
Fotografía: Agustín Ferreira Lorenzo
Ocenebra erinaceus
Principalmente na franxa intermareal baixa.
Cuncha con costelas moi marcadas.
Animal preeiro.
Ata maior de 20 mm.
Cunchas valeiras habitualmente habitadas por cangrexos ermitáns.
Fotografía: Agustín Ferreira Lorenzo
Aplysia punctata (Tinteiro)
Molusco gasterópodo sen concha externa.
Vive na zona intermareal baixa.
O tamaño pode chegar aos 20 cm.
Cor pode variar duns a outros exemplares, xa que depende do alimento que normalmente consuman.
Fotografía: Agustín Ferreira Lorenzo
Posta de Aplysia punctata (Tinteiro)
Semellan a longos fideos.
Consiste nunha masa enrollada de cor amarelo que se suxeta ás algas ou as paredes da rocha.
Fotografía: Agustín Ferreira Lorenzo
Enteromorpha intestinalis
Alga verde, plana.
Na zona intermareal baixa.
Abondosa.
Fotografía: Agustín Ferreira Lorenzo
Chthamalus montagui
Cirrípedo extremadamente abondoso que marca o inicio da zona intermareal media.
Cubre grandes extensións de rochedos costeiros.
Fotografía: Agustín Ferreira Lorenzo
Mastocarpus stellatus
Alga parda.
Na zona intermareal baixa.
Abondosa.
Fotografía: Agustín Ferreira Lorenzo
Lepas anatifera (percebe errante)
Cirrípedo que chega a costa suxeto a obxectos flotantes como plásticos, madeiras, boias, etc.
Fotografía: Agustín Ferreira Lorenzo
Pachygrapsus marmoratus (queimacasas)
Cangrexo que atopamos na intermareal media, onde busca acubillo entre as fendas das rochas.
Fotografía: Agustín Ferreira Lorenzo
Anemonia sulcata
Abondosa na zona intermedia baixa, onde pode verse nas grietas e pozas.
Corpo brando. Os tentáculos non poden ser introducidos totalmente no interior do "saco", como sucede coa actinia.
Cor verduxenta ou marrón clara.
Fotografía: Agustín Ferreira Lorenzo
Actinia fragacea
Menos abondosa que a súa parente, a Actinia equina.
O seu corpo presenta manchas.
Cor habitualmente vermella, aínda que hainas doutras cores tamén. Nós, ata agora só observamos en vermello.
Fotografía: Agustín Ferreira Lorenzo
Lithophillum lichenoides
Alga calcárea.
Ten forma de bolsa.
Na zona intermareal baixa.
Abondosa.
Fotografía: Agustín Ferreira Lorenzo
Hymeniacidon sanguinea
Esponxa incrustante. Na franxa intermareal baixa.
Pode verse debaixo dos rochedos, en espazos semisubmerxidos e protexidos.
Cor habitualmente laranxa.
Fotografía: Agustín Ferreira Lorenzo
Lithophyllum incrustans
Alga mariña calcárea. Incrustada na rocha. De aspecto pétreo.
Na zona intermareal media e baixa, onde aparece abondosa recubrindo as pozas mariñas.
Fotografía: Agustín Ferreira Lorenzo
Tubos de Sabellaria alveolata
A partir da intermareal baixa.
Construcións feitas con grans de area, ás veces de grande tamaño e espesor.
Fotografía: Agustín Ferreira Lorenzo
.
Corallina officinalis
Abondosa nas pozas mariñas.
Alga calcárea de cores avermellados.
A partir da zona intermareal media.
Fotografía: Agustín Ferreira Lorenzo
Tubo de gusanos marinos: poliquetos
Sobre rochas, mexillóns, obxectos flotantes, etc.
Cor abrancazado.
Fotografía: Agustín Ferreira Lorenzo
Xantoria parietina
Lique costeiro.
No inicio da supralitoral.
Abondosa.
Cor amarelo.
Fotografía: Agustín Ferreira Lorenzo
Paracentrotus lividus
A partir da intermareal baixa.
Abondoso.
Tamaño: Non sobrepasa os arredor de 60 mm de media.
Cor: variada: verdoso, morados...
Esta especie é obxecto de comercialización e consumo propio por parte da veciñanza. A comercialización, dado que se extrae masivamente, se ben está regulada, pode supoñer a longo prazo unha merma no número de exemplares.
Fotografía: Agustín Ferreira Lorenzo
Methasterias glacialis
A partir da intermareal baixa.
Abondosa.
Cor: variada: amarela, crema, laranxa...
Podemos vela facilmente nas pozas mariñas da franxa intermareal baixa, en fendiduras, etc.
Fotografía: Agustín Ferreira Lorenzo
Seixos
pequenas pedras, redondeadas pola acción do mar, na súa maior parte son cuarcitas.
Fotografía: Agustín Ferreira Lorenzo
Lumbrineris gracilis
Verme mariño semellante a unha miñoca de terra.
Pode atoparse a partir da zona intermareal baixa.
Vive soterrado no lodo.
Fotografía: Agustín Ferreira Lorenzo
Bolos
Fundamentalmente graníticos, son de maior tamaño que os seixos, como dunha pelota de balonman.
Nsta costa as praias de bolos non existen, senón que o que podemos ver son pequenas acumulacións deles en puntos moi concretos.
Fotografía: Agustín Ferreira Lorenzo
Physalia physalis (carabela portuguesa)
Animal mariño que ás veces vemos por ducias nas rochas do loitoral traído polas mareas e ondas.
Posúe tentáculos urticantes, polo que non se debe tocar aínda que estea morto.
Este animal flota nas augas do océano e é arrastrado polo vento.
Fotografía: Agustín Ferreira Lorenzo
Erosión
Debido ao efecto das ondas e ao roce das rochas, a erosión neste espazo é moi forte. Neste caso trátase da erosión de rochedos de xisto, perfectamente pulidos, que atopamos na zona intermareal media e alta.
Velella velella
Confundido moitas veces cunha medusa, en realidade é unha colonia de animais denominados hidrozoos.
O mesmo que sucede coa carabela portuguesa, esta especie pode aparecer por ducias ou centos nas rochas costeiras. Mais, ao contrario que aquela, neste caso non existe perigo no caso de tocala.
Fotografía: Agustín Ferreira Lorenzo
Phalacrocorax carbo
Corvo mariño real.
Veñen a esta zona para pasar o inverno. Aquí se contabilizan entre 300 e 500 exemplares invernates.
Fotografía: Agustín Ferreira Lorenzo
Granito
Rocha magmática. Intrusiva. A máis abondosa na costa baixomiñota
Fotografía: Agustín Ferreira Lorenzo
Cuarcita
Rocha metamórfica.
Cor abrancazada.
Fotografía: Agustín Ferreira Lorenzo
Arte nas rochas
Excremento de gaivota.
Cunha pouca imaxinación podemos "observar" un rostro.
O artista guardés Jorge Barbi espuxo unha colección fotográfica de pegadas que representaban figuras humanas.
Fotografía: Agustín Ferreira Lorenzo
Cascallo
É unha mestura de pequenas pedras con restos de cunchas.
Fotografía: Agustín Ferreira Lorenzo
Xistos
Rochas metamórficas dispostas en láminas. Debido á tectónica, están dispostos perpendicularmente ao terreo.