Eurynebria complanata (I)
NO BAIXO MIÑO
Foto 9
Orde....................... Coleóptera
Familia................... Carabidae
Tribu........................ Nebriini
Xénero.................... Eurynebria
Especie.................. E. complanata
Calificación para o Baixo Miño.......En perigo crítico
 
Baixo Miño galego............. Extinta a nivel local (2009)
Baixo Miño portugués........ Practicamente desaprecida.
A XEITO DE RESUMO
 
     Eurynebria complanata é un escaravello que podemos atopar en certos areais costeiros de Europa e norte de África.
 
    En Europa temos citas do sur de Inglaterra, Irlanda, costa atlántica de Francia, Italia; costa do Mar Tirreno, Portugal e España.  No norte de África, atópase en Marrocos, Alxeria e Tunisia.
 
    En practicamente tódalas áreas a poboación deste escaravello vai en regresión e, en moitas delas, xa desapareceo definitivamente.
 
    A súa alimentación principal baséase en saltícidos, ou sexa, as coñecidas pulgas de mar (Talitrus saltator).
 
   Trátase dun animal de hábitos nocturnos. Polo día ocúltase debaixo de madeiras, pedras, plásticos, etc.
 
    No Baixo Miño, empeza verse dende setembro a xuño. Nos meses de verán (xullo e agosto) non o atopamos, son os meses nos que leva a cabo a estivación.
 
   
DESCRIPCIÓN
 
     LONXITUDE: Tamaño medio duns 25 mm.
     COR: Tonalidade amarelenta, normalmente con manchas lonxitudinais negras nos élitros, habitualmente formando dúas bandas.
     OLLOS: Negros, grandes, saíntes.
     ANTENAS: Sobrepasan con moito o pronoto.
     AUTODEFENSA: Son animais inofensivos, como autodefensa expulsan unha substancia fedorenta que resulta desagradable para potencias depredadores.
     GREGARISMO: Insectos gregarios, poden atoparse ben en solitario ou en grandes grupos, puidendo mesmo sobrepasar os 50 individuos.
     MIMETISMO: A súa cor é unha adaptación perfecta ao hábitat no que viven, xa que se mimetizan perfectamente coa area da praia.
     ALIMENTACIÓN: Aliméntanse case que exclusivamente de pulgas de mar (Talitrus saltator).
     ACTIVIDADE: Desenvolven a súa actividade o anoitecer, coincidindo tamén coa máxima actividade das súas presas, as pulgas de mar.
     INACTIVIDADE: A luz solar lles molesta. Durante o día permanecen agochados baixo calquer material que lles preste o acubillo necesario: troncos, táboas, madeiras, plásticos, pedras, etc.
     OUTRAS CARACTERÍSTICAS: Son insectos corredoros que poden deprazarse pola area a grande velocidade. Incapacitados para voar.
     HÁBITAT: Exclusivamente nos areais marítimos, na franxa comprendida entre as dunas primarias e a liña de marea.
    STATUS:  Especie en regresión. Desapareceu de moitísimas praias en toda Europa onde a súa presenza era noutro tempo moi numerosa.
     AMEAZAS: As principais ameazas desta especie son antrópicas, isto é, motivadas pola intervención da especie humana: en primeiro lugar a limpeza mecánica das praias. En segundo lugar a retirada dos seus acubillos, en terceiro lugar, a cada vez máis utilización e masificación dos areais.
 
    Utilizando os termos segundo Koch, diríamos que se trata dunha especie foleófila*, halófila* e psammófila*.
 
*Foleófila: amante da escuridade.
*Halófila: prefere hábitats salinos.
*Psammófila: vive en hábitats areosos.
 
 
 
   
Extinguida dende o ano 2009.
Probablemente extinguida dende 2015
En perigo crítico (menos de cinco exemplares observados no 2016.
Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo
12-02-2018
GRUPO DE TRABALLO: Angílica Entenza, Carlos
                                     Dorado Senra, Luis
                                     Ferreira Lorenzo, Antonio
                                     Ferreira Rodríguez, Noé
                                     González de Dios, Mª Consuelo
                                     Pombal Diego, Manuel Á.
                                     da Silva Diz, Ricardo
Pronoto
Élitros
CAUSAS DA DESAPARICIÓN OU DIMINUCIÓN DE EXEMPLARES NO BAIXO MIÑO GALEGO PORTUGUÉS
 
     1/ Limpeza mecánica das praias. A limpeza mecánica elimina as zonas de acubillo, leva por diante canto haxa incluído escaravello e larvas, modifica drásticamente o areal afectando ás postas, e destrúe o hábitat do escaravello.
 
     2/Limpeza manual. Aínda que bastante menos dañina que a limpeza mecánica, o principal problema consiste na retirada dos materiais de acubillo: troncos, madeiras, pedras, etc. Tamén inflúe a retirada das algas, pois nestas se alimentan as súas principais presas: as pulgas de mar (Talitrus saltator).
 
     3/ Uso máis intenso das praias. Ata practicamente finais dos oitenta, principios dos noventa do século pasado, os areais do Baixo Miño practicamente só se ocupaban na época estival, quedando o resto do ano sen apenas utilización. A partir dos noventa esta ocupación fíxose máis intensiva, tanto en tempo (a partir de Semana Santa) como en espazo, maior número de bañistas por toda a praia, o que repercute inevitablemente nos seres que se desenvolven nela.
 
    4/ As pleamares acompañadas de mal tempo que barren a praia. Finalmente, un cuarto elemento, que sempre o houbo, pero que diante da merma producida polo anteriormente dito, axuda á diminución de Eurynebria. Pois é de supoñer que antes, como tamén se producían estes efectos naturais, moitos escaravellos probablemente morrían pero quedaban exemplares suficientes para poder recuperar a poboación. Agora, debido á merma por causa do home, este proceso debe ser máis costoso e a tendenica é a desaparicón da especie.
 
    5/ Finalmente, o traslado natural de individuos dunha a outra beira do río rompeuse. Dado que estamos diante dunha especie que no é capaz de voar, e que habita unicamente nos areis salinos, o seu reduto está reducido única e exclusivamente ás praias. No caso da marxe galega, o areal de Camposancos é bastante reducido, polo que non pode haber aportes doutras áreas, polo menos a priori. Caso contrario ocorre na beira portuguesa, onde temos case que 15 quilómetros de areais continuos, agás tramos moi concretos polo que é máis doada que se manteñan as poboacións ou, se é o caso se recuperen. É moi probable que a praia de Camposancos puidera pasar por momentos moi difíciles para a especie nalgúns anos. Agora ben, como estes insectos tamén se refuxan en troncos, táboas, plásticos, etc, é probable que houbera algún trasego de exemplares dunha a outra beira a traveso do material que chegaba flotando polo río. Pero, tal e como vemos no mapa de arriba, o número de exemplares foi en descenso. Na marxe portuguesa, apreciamos unha notable diminución de individuos dende hai anos, co cal as posibilidades de que individuos desa marxe colonicen a praia de Camposancos son moi reducidas.
ADEUS AO ESCARAVELLO NO BAIXO MIÑO
 
      Con todo o dito anteriormente, está claro que as perspectivas futuras para esta especie son moi negras. Entre outras cousas por que nas praias de Portugal continúan limpándose moi intensivamente tódolos veráns. Así que ou hai un cambio de mentalidade nos mandatarios e na sensibilización da sociedade (a maior parte dos usuarios da pria son os primeiros en pedir que se "limpen" estas) ou nada temos que facer para que non desapareza esta especie.
 
     E non é unha premonición, isto xa ocorreu en moitas praias de Europa onde estaba presente abondosamente este escaravello e na actualidade non hai rastro del.
 
  
 
   
   
UN ESTUDO QUE SE VIU DRASTICAMENTE TRUNCADO
 
      Pretendiamos levar a cabo un estudo pormenorizado de Eurynebria complanata na praia de Camposancos. Inicialmente este estudo dividiuse en tres fases: primeira, de 2002 a 2005. Consistiu basicamente na recollida de información xeral do escaravello ao longo das tres tempadas que durou a mesma. A segunda fase, de 2005 a 2008 nos propuxemos fotografar todos e cada un dos escaravellos observados para saber o máis preciso posible o número de escaravellos na praia de Camposancos, a mobilidade dos mesmos, etc. E a terceira fase, cuxo comezo estaba para o  mes de setembro do ano 2009, ía centrarse na reprodución e larvas, pero por desgraza, esta nunca puido levarse a cabo, pois xustamente a partir desa data o escaravello desaparecou da praia, así que perdemos unha grande oportunidade de coñecer máis polo miudo a vida deste insecto no Baixo Miño.
   
   
Praia de Camposancos (A Guarda). Dende o ano 2009 non se detectou a presenza do escaravello.
As dúas zonas onde se localizaban o maior número de exemplares na praia de Camposancos.
ACTUACIÓNS MOI AGRESIVAS NA PRAIAS
 
      Fotografía dunha actuación tremendamente impactante no areal de Camposancos. Este tipo de actuacións dana , a veces irreversiblemente, o areal incidindo negativamente tanto na flora como na fauna, pero tamén sobre a fisonomía da propia praia que queda desprotexida contra o vento e a acción da marea. O resultado final pode ser desastroso, como comprobamos na citada praia coa desaparición de Eurynebria e mesmo de plantas como a Otanthus maritimus, que, neste último caso, conseguimos recuperar a especie con exemplares traídos do outro lado do Miño.    
   
     Á dereita, larva do escaravello da praia. A súa cor é unha adaptación ao hábitat no que vive, pois mimetízase perfectamente co entorno que rodea a este insecto de tal xeito que pasa totalmente desapercibido.
ALGÚNS DATOS DO NOSO ESTUDO NA
PRAIA DE CAMPOSANCOS
 
      No estudo pormenorizado levado a cabo polo autor deste artigo durante tres campañas, anos 2005 a 2008, recollemos diversa información do escaravello da praia que nos permitiu coñecer máis polo miudo aspectos destes insecto en relación coa súa vida no areal de Camposancos.
 
     Sen profundizar agora nese estudo, expoñemos varias táboas sobre as observacións realizadas na citada praia.
 
2005
2006
2006
2007
2007
2008
TOTAL %
Individuos observados
 86
 112
 49
 247
 
Individuos diferentes
 59
 88
 29
 176
 71,26 de 247
Individuos recapturados
 14
 18
 9
 41
 16,60 de 247
23,30 de 176
Días de observación
 29
 29
 17
75*
 
Observación de mañá
 20
 15
 12
 47*
 62,67
Observación de tarde
 10
 14
 5
 29*
 38,67
Meses
 9
 10
 6
 25
 
* Un día fíxose observación de mañá e de tarde.
Xan. Febr.  Marzo  Abril  Maio  Xuño  Xullo  Agos.  Setem.  Out.  Novem. Decem.
                       
Período reprodutor do escaravello.
Xan. Febr.  Marzo  Abril  Maio  Xuño  Xullo  Agos.  Setem.  Out.  Novem. Decem.
                       
Período activo (en verde) Período de estivación (en vermello).
    Grazas as manchas elitraes, puidemos observar e tomar datos individuais dos escaravellos observados. Cada escaravello foi fotografado dende varias posicións. As imaxes permitíronnos identificar cada individuo observado e saber se se trataba dun novo individuo ou se era unha recaptura. Ningún individuo foi observado en dúas campañas, polo que estimamos que a vida media destes escaravellos é dunha tempada.
SECCIÓN  ENTOMOLÓXICA: PELEGRÍN FRANGANILLO
Portada    Biodiversidade   Fauna   Coleópteros    Carábidos
Eurynebria (II)