anabam

traballando polo patrimonio natural

do Baixo Miño galego-portugués

 

anabam.anabam@gmail.com

anabam@gmx.es

 

ANABAM

-ANABAM EN ACCIÓN

 -EVENTOS -  ACTOS

ASOCIARSE

 

 

 

-EDUCACIÓN AMBIENTAL

-ACTIVIDADES

-VOLUNTARIADO

-VISITAS GUIADAS

-CURSOS

-PUBLICACIÓNS

-VÍDEOS

 
 
 
 
 
 

INICIO

 

 

PORTADA

 

 

ENTOMOLOXÍA

 

ESCARABEIDOS

 

ARACNIDOS

 

 

 

HERPETOLOXÍA

 

ANFIBIOS

 

ORNITOLOXÍA

ESTEIRO MIÑO

 

ORNITOLOXÍA

BAIXO MIÑO

 

CETÁCEOS

 

 
ÁRBORES EXTRAORDIN.
 

TURISMO ORNITOLÓXICO

 

RUTA ORNITOLÓXICA

 
PEGADAS. RASTROS
 
TURISMO ORNITOLÓXICO
 
RUTA ORNITOLÓXICA
 
 
 

 

FAUNA   RECOLLIDA  POR  ANABAM

 

   

Actualizada o 17-11-2013

 

 

     O 2 de outubro achegámonos ata a praia da Lamiña para recoller un mascato (Sula basana) que se atopaba no areal ferido, impedido para poder desprazarse ou voar. O aviso fora dado o día anterior, 1 de outubro, a noitiña por Igancio "o peluquero" ("o dos bonsais"), quen, coas debidas precaucións, xa o desprazara lonxe da influencia das augas do río.

 

    Acompañounos na recollida Pablo Covelo, de CEMMA, pois ese mesmo día  tiñamos tamén que levar a cabo a necropsia dun golfiño nas proximidades da cetárea da Guarda.

 

     O mascato era un individuo deste mesmo ano que, por algunha causa descoñecida para nós, debeu sufrir algún golpe. O día seguinte foi enviado ao centro de recuperación de aves en Pontevedra.

 

 

 

 
       

 

Actualizado o 24-06-2010

 

RECOLLIDOS SEIS POLOS NO MORÁN (O ROSAL)

 

    O mércores 22 de xuño chegaban ao local de ANABAM seis polos de pato real recollidos por un paisano na estrada do Morán, O Rosal. Levaban xa un bo tempo nela, con perigo de ser atropelados por algún dos vehículos que pasaban por ela. Así que, como non había sinais de que a nai estivera nos arredores, optaron por recoller os pitos. O día 23, eran enviados ao centro de recuperación de fauna en Pontevedra a través dun axente de medio ambiente.

 

 

Cinco dos seis polos recollidos, posiblemente dun ou dous días de nacidos.

 

 

Primeiro plano de dous dos polos.

 

E TAMÉN UN PITO DE GAIVOTA

 

 

       Unha paisana entregou no local de ANABAM, tamén o pasado día 22 deste mes de xuño, un pito de gaivota recollido na rúa Ireira de A Guarda. O polo seguramente caira do  tellado dun dos edificios da citada rúa. Non presentaba ferida algunha e parecía estar en perfecto estado. Este polo foi enviado, xunto cos patos citados anteriormente, ao centro de recuperación de fauna.

 

 

Actualizado o 16-08-2009

    

CUCO PAPUDO

(Clamator glandarius)

 

 

LUGAR DE RECOLLIDA: Muño* de Vento, Solanas, A Guarda.

 

DATA: 9 de xullo de 2009.

 

HORA: Arredor das 9 da mañá.

 

PERSOA QUE O RECOLLEU: Boni

 

PERSOAS QUE O ENTREGARON: José M. Martínez Mancebo e Verónica Martínez Fernández.

 

    Esta é a segunda vez que recollemos un cuco papudo. As dúas veces foron animais feridos. Nesta ocasión, ó igual que sucedera coa primeira, a ave faleceu ás poucas horas. A causa da morte foi un forte impacto contra unha cristaleira dunha vivenda que lle paralizou as extremidades, rompeulle lixeiramente a parte anterior superior do peteiro e deixouno mancado dunha á. En Galiza é ave moi escasa, estival, que aparece na franxa centro-sur occidental.

(Fotos: Agustín Ferreira-anabam).

 

*Utilizamos o vocablo Muño por ser o utilizado na Guarda para referirse aos antigos muíños de vento.