Cepaea hortensis - Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)

ANABAM
Apdo 59 (Calvario, 44-baixo) 36780-A Guarda (Po) Móbil-WhasApp: 61 61 80 557 Correo electrónico: anabam.anabam@gmail.com
ANABAM
Vaya al Contenido

Cepaea hortensis

BIODIVERSIDADE > FAUNA > MOLUSCOS > MOLUSCOS TERRESTRES
Texto: Agustín Ferreira Lorenzo
Actualizada o 14-10-2013
   Das varias especies de caracois terrestres que forman parte da fauna do Baixo Miño, este, o Cepaea hortensis, é un dos máis fermosos, sobre todo certos exemplares que realzan os seus debuxos, como este da fotografía da dereita que mesmo parece que debuxaramos a man alzada esa liña negra que bordea xustamente as suturas das espirais que o conforman.
    A cor que presentan é variada como podemos apreciar neste outro exemplar, onde tamén cambia a cor da liña que en vez de ser negra toma unha cor acastañada.
   O número de liñas das cunchas non sempre é unha, como sucede cos das fotografías, senón que pode haber dúas, tres e ata algunha máis, e o mesmo sucede co anchura delas que poden ser finas, grosas ou as dúas nun mesmo exemplar.
    Como non pode ser doutro xeito, a humidade é vital para a especie, así que, nada mellor que unhas chuvias para saír dar unha volta, como é o caso destas fotografías obtidas na senda litoral da Guarda o 16 de maio do 2013. Senda que se converte nunha trampa mortal para centos de exemplares que perecen baixo as pisadas ou das rodas das bicicletas. Son bichos, si e por iso, ou tal vez porque son habituais veciños, diriamos que vulgares veciños, poucas persoas se preocupan de esquivalos "total...hai moitos e non serven para nada" que diría alguén.
Regreso al contenido