OBRADOIRO 2024
EMPREGO. CAMPAÑAS. ACTIVIDADES
						Publicado o 19/xaneiro/2024
								CONSTRUCIÓN: HOTEL INSECTOS-CAIXAS NIÑO E COMEDEIROS PARA AVES
CONSTRUÍR UN "HOTEL" PARA INSECTOS
       Este obradoiro ten por obxecto concienciarnos sobre a necesidade de achegarnos a eses pequenos seres aos que non adoitamos prestarlles demasiada ou ningunha atención, pero que xogan un papel moi importante na natureza, como POLINIZADORES.
 
						 
						PARA AS AVES: CAIXAS NIÑO E COMEDEIROS
     Aproveitando a actividade anterior, tamén imos construír uns comedeiros e caixas niño.
     O obradoiro se desenvolverá na ESTACIÓN ORNITOLÓXICA, no Pasaxe, en Camposancos-A Guarda.
     É unha actividade gratuíta, aberta a tódalas persoas que queiran asistir. Unha boa ocasión para participar xuntos pais e fillos. Como as prazas son limitadas, se precisa inscripción previa, que podedes facer a través do WhatsApp (616180557) ou do correo electrónico (anabam.anabam@gmail.com) indicando nome e apelidos e lugar de procedencia.
      Nos gustaría que este obradoiro puidese desenvolverse nos restantes concellos do Baixo Miño, así que se temos a colaboración dos concellos desta bisbarra, poderemos levalo a cabo en cada un deles. Dende xa, poñémonos mans á obra.
 
						