Nassarius reticulatus - Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)

ANABAM
Apdo 59 (Calvario, 44-baixo) 36780-A Guarda (Po) Móbil-WhasApp: 61 61 80 557 Correo electrónico: anabam.anabam@gmail.com
ANABAM
Vaya al Contenido

Nassarius reticulatus

BIODIVERSIDADE > FAUNA > MOLUSCOS
Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo
Clase........................Gastropoda
Orde..........................Neogastropoda
Superfamilia...............Buccinoidea
Familia......................Nassariidae
Xénero......................Nassarius
Especie....................N. reticulatus
Actualizada:  10-02-2015

   CARACTERÍSTICAS: Caracol de mar de ata 30 milímetros de lonxitude. Cuncha máis longa que ancha. Sete voltas onde a última vén sendo case que a metade da lonxitude total da cuncha. Cor castaña. Con estrías e costelas. Cuncha rugosa. Posúe canle sifonal. Labio interno branco e dobrado enriba da última volta. Labio externo branco, tamén. Sen embigo.
  Abondosa en toda a costa baixomiñota, na zona infralitoral. Normalmente moitas das cunchas contendo no seu interior cangrexos ermitáns, que ocupan a cuncha cando están vacías. Adoitan ser carroñeros.
Fotografía Agustín Ferreira Lorenzo-anabam.
Obtida na Punta Orelluda (Oia) o 24-06-2006.
Regreso al contenido