Paradisea lusitanica
BIODIVERSIDADE > FLORA

SECCIÓN BOTÁNICA
"Baltasar Merino"

Paradisea lusitanica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Subclase: Liliidae
Orden: Asparagale
Familia: Asparagaceae
Subfamilia: Nolinoideae
Género: Paradisea
Especie: Paradisea lusitanica (Cout.) Samp
TEXTO E FOTOS:
Agustín Ferreira Lorenzo
EQUIPO DE CAMPO:
Carlos Angílica Entenza
Luis Dorado Senra
Agustín Ferreira Lorenzo
Mª Consuelo González de Dios
DATA ACTUALIZACIÓN:
13 maio 2019
FLORACIÓN

STATUS PARA O BAIXO MIÑO
Moi ameazada.
CALIFICACIÓN ANABAM
Perigo crítico
TIPO DE AMEAZA
Transformación do cultivo orixinal por eucaliptal (abril, 2018).
Nº EXEMPLARES CENSADOS
< 100 exemplares
Nº DE POBOACIÓNS
2
CONCELLO: Oia
PARROQUIA: Burgueira
LUGAR: Torroña.
PRIMEIRA CITA:
Luis Dorado Senra
Agustín Ferreira Lorenzo
(25 maio 2002)

No mapa de distribución, sinalamos os dous únicos lugares onde atopamos P. lusitanica na bisbarra do Baixo Miño.
PUNTO 1: Primeira localización, o 25 de maio do ano 2002. Marxes dun estreito regato, de aproximadamente un metro de ancho e 15-30 cm de profundidade, lamacento. Zona de semisombra. Na actualidade esta paraxe está izada de vexetación debido ao incendio que asolou esta terra no ano 2006, polo que a P. lusitanica corre perigo de desaparecer
PUNTO 2: Nova localización, atopada o 17 de maio do ano 2014 polas mesmas persoas que descubriran a localización anterior (Luis Dorado Senra e Agustín Ferreira Lorenzo). Neste caso áchase nunha das esquinas dun prado xunto a varios pes de Asphodelus album.

Foto da esquerda: espiga días antes de florecer (maio, 2019)
Foto da dereita, localización da especie no Baixo Miño

DESCRIPCIÓN DA ZONA
No primeiro caso, trátase unha zona de semisombra, con árbores de mediano porte, algúns silveiros e manchas de toxal, ademais de herbáceas. Probablemente os terreos adxacentes fosen dedicados a labores agrícolas, mais, dende que nós coñecemos a zona, sempre estiveron "a monte".
No segundo caso, os exemplares si atopámolos no borde dun terreo de cultivo, cando demos con el, dito terreo estaba dedicado a herba para sega. Bordeando e delimitando o terreo, unha fileiras de árbores. Dende o 2018, deixouse de traballar a finca e foron plantados eucaliptos polo que, os poucos exemplares de Paradisea existentes, poden ter os días contados.

Actualización: 30 xaneiro 2014


Realizamos unha nova visita á zona onde se atopa esta especie, das máis raras que temos no Baixo Miño, e mesmo en Galicia, onde apenas existen citas dela.
É moi semellante a Asphodelus album, aínda que as flores son bastante diferentes.
Floración: Maio e Xuño.
Altitude: 400 metros.
Categoría no Baixo Miño: Seriamente amenazada.

Envés das follas de Asphodelus album (esquerda)
e Paradisea lusitanica (dereita), ámbalas dúas follas son
moi semellantes.

Outra vista das follas, agora pola cara superior.