Patina Pellucida
BIODIVERSIDADE > FAUNA > MOLUSCOS
![](images/sec.malacol.png)
Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo
Clase..........................Gastropoda
Orde..........................Docoglossa
Superfamilia...............Buccinoidea
Familia......................Patellidae
Xénero.......................Patina
Especie.....................P. pellucida
![](images/IMG_5167.a.png)
Actualización: 03-03-2015
En vivo atópanse polo xeral nas algas laminarias. Presentan unha cor castaña e sete liñas lonxitudinais azul fosforescente. Co paso do tempo van desaparecendo.
![](images/PATINA-PELLUCIDA.3.3.15.ALG.GDF77__5175.png)
Vense nas frondes das laminarias onde deixan unha pequena concavidade.
Teñen un tamaño que non supera os 2 centímetros, aínda que por termo medio a lonxitude é duns 10 mm.
Poden observarse a partir do límite entre a intermareal e a supralitoral, polo que para seren observadas a marea debe estar bastante baixa.
![](images/PATINA-PELLUCIDA.3.3.15.GRUP.GDF77__5179.png)
Este gasterópodo vive ao longo de toda a costa do Baixo Miño, apegado ás algas laminarias. Ten un tamaño medio de un centímetro de longo, aproximadamente aínda que hai individuos que superan esta medida, e, cando o animal está vivo, a súa cuncha presenta cor castaña con sete liñas a trazos azuladas.
Nas laminarias aparecen varios individuos, máis ou menos xuntos, que deixan sobre a mesma a súa pegada en forma dunha pequena fendidura, como se pode apreciar na fotografía.
Actualización: 27-10-2011

![](images/PATINA-PELLUCIDA.27.10.2011.TIN_5179.A.png)