ANDORIÑAS NO BAIXO MIÑO - Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)

ANABAM
Apdo 59 (Calvario, 44-baixo) 36780-A Guarda (Po) Móbil-WhasApp: 61 61 80 557 Correo electrónico: anabam.anabam@gmail.com
ANABAM
Vaya al Contenido

ANDORIÑAS NO BAIXO MIÑO

COLABORA > ENVIO DATOS FAUNA-FLORA > PROXECTOS > PROXECTO ANDORIÑA
05/VI/2012

    Os primeiros datos deste proxecto iniciáronse no ano 2001, recollendo información de campo da andoriña de cu branco, unha especie que está en regresión a ámbolos dous lados do Miño por destrucción dos seus niños. Lembramos que na Guarda, alá polos anos sesenta do século pasado,  podían verse un bo número de niños desta especie na arteria principal que cruza o pobo (Rúa Galicia), entre a alameda e o entronque coa rúa República Dominicana. Dende hai máis de 40 anos, non se observa ningún niño nesa rúa. En Tui, en todo o largo do Paseo da Corredera, tamén neses anos, e ata hai uns vinte anos, podían observarse en case tódolos edificios niños desa andoriña, os últimos que había foron destruídos hai uns cinco anos. O mesmo observamos en feligrasías e poboacións do outro lado do Miño, que están a desparecer aceleradamente das fachadas.

    Grazas á campaña de conservación dos niños de andoriña de cu branco, coñecemos a existencia dos primeiros niños de andoriña dáurica no Baixo Miño, concretamente no municipio de Tomiño e posteriormente en Tui, Vila Nova de Cerveira e O Rosal.
   Tamén os traballos de campo sobre as andoriñas, permitíronos coñecer os primeiros niños de andoriña dos penedos na comarca, neste caso no municipio de Tui. Por outra banda, xa tiñamos rexistrados tanto a presenza como a posterior desaparición de niños de andoriña das barreiras (Caldelas de Tui, Tomiño...), pero nos últimos anos detectamos novas colonias desta última especie e observamos que aproveitan con facilidade os tubos de drenaxe existentes nos muros de contención.

    No ano 2009 iniciamos o Proxecto Andoriña, pero sen poder desenvolvelo plenamente debido á falta de tempo para levalo a cabo en toda a súa amplitude e por falta de personal que puidera dedicarse a ese proxecto.

   Este ano, grazas á colaboración económica da Weeden Foundation, entidade norteamericana que leva varios anos colaborando con ANABAM, poderemos desenvolver mellor o Proxecto Andoriña.

Fotografía superior: andoriña de cu branco pousada no seu niño. Estas andoriñas,
constrúen os niños formando habitualmente colonias que poden chegar a ser moi numerosas. Os niños adoitan construílos baixo os beirais dos tellados, balcóns, etc.

Fotografía central: parte posterior da Área Panorámica (Tui),
un dos lugares onde se pode ver un bo número de niños.

Fotografía inferior: A parte nova de Tui é un dos lugares de maior concentración de niños de andoriña de cu branco do Baixo Miño. Moitos deles son destruídos polos residentes dos pisos debido ás molestias ocasionadas polos excrementos. Outros non lles importan ter os niños, polo que toman sinxelas medidas para evitar ditas molestias.
(Fotos: Raquel e David Portela-anabam).

16/III/2009

PROXECTO ANDORIÑA

A andoriña dos penedos (Ptyonoprogne rupestris) e a Andoriña dáurica (Hirundo daurica), son  dúas das últimas especies que pasan a formar parte da fauna do Baixo Miño galego-portugués, son, polo tanto, especies novas para a biodiversidade desta bisbarra.

    Neste ano damos comezo co denominado Proxecto andoriña, co que pretendemos recadar toda a información de campo relacionada coas andoriñas e vencellos que se atopan no Baixo Miño. Neste senso, o sábado 7 de marzo levamos a cabo a primeira prospección para comprobar a posible presenza da andoriña dos penedos e da andoriña dáurica nos dous lugares de aniñamento dos que temos constancia ata agora. Atópanse na zona de Tui e ata alí desprazouse parte do grupo de traballo de ANABAM formado por Ricardo Portela Vilas e Agustín Ferreira Lorenzo. Nesa data comprobamos que aínda non chegaran polo que haberá que estar atentos nos vindeiros días.
  
      As persoas interesadas en participar no proxecto andoriña poden enviarnos información, fotografías, etc,  sobre estas aves. A información facilitada ten que estar referida ao Baixo Miño galego-portugués, municipios de Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda, Oia, Valença, Vila Nova de Cerveira e Caminha.
05/IV/2010

NESTE MES DE ABRIL INICIAMOS A RECOLLIDA DE DATOS DE NIÑOS
DE ANDORIÑA DE CU BRANCO

     Ao longo da primavera e verán, procederemos á recollida de datos dos niños de andoriña de cu branco en toda a comarca galego-portuguesa do Baixo Miño (concellos de Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda, Oia, Valença do Minho, Vila Nova de Cerveira e Caminha).
   Dado que precisamos colaboración para este traballo de campo, agradecemos que as persoas que desexen colaborar para realizar observacións e censar os niños, se poñan en contacto con nós. Tamén poden enviarnos datos directamente a través do correo electrónico: anabam.anabam@gmail.com
    Andoriña dos penedos (Ptyonoprogne rupestris), é unha das andoriñas máis escasass do Baixo Miño. Só temos constancia da súa presenza na catedral de Tui.

Andoriña das barreiras (Riparia riparia), un dos últimos lugares detectados por ANABAM onde criou esta especie, nas proximidades dos viñedos en Tabagón (O Rosal).
Niño de andoriña dáurica (Cecropis daurica), nunha das pontes existentes no municipio de Tui.
16/III/2009

DÚAS NOVAS ESPECIES DE ANDORIÑA
PARA O BAIXO MIÑO

       A andoriña dos penedos (Ptyonoprogne rupestris) e a Andoriña dáurica (Hirundo daurica), son  dúas das últimas especies -polo de agora- que pasaron a formar parte da fauna presente na comarca do Baixo Miño, son, polo tanto, especies novas para a biodiversidade da comarca.
   Neste ano damos comezo co denominado Proxecto andoriña, co que pretendemos recadar toda a información de campo relacionada coas andoriñas e vencellos que se atopan no Baixo Miño. Neste senso, o sábado 7 de marzo levamos a cabo a primeira prospección deste ano para comprobar a posible presenza da andoriña dos penedos e da andoriña dáurica nos dous lugares de aniñamento dos que temos constancia ata agora. Atópanse na zona de Tui e ata alí desprazouse un equipo de ANABAM formado por Ricardo Portela Vilas e Agustín Ferreira Lorenzo. Nesa data comprobamos que aínda non chegaran, polo que haberá que estar atentos nos vindeiros días.
  
      As persoas interesadas en participar no proxecto andoriña, poden enviarnos información, fotografías, etc,  sobre estas aves. A información facilitada ten que estar referida ao Baixo Miño galego-portugués, municipios de Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda, Oia, Valença, Vila Nova de Cerveira e Caminha.
15/VII/2008


Hai tres anos, descubríase para o Baixo Miño a andoriña dáurica (Hirundo daurica), en dous puntos distantes entre sí da comarca baixomiñota: un en Goián (Tomiño), no lateral dereito dunha casa particular, nas proximidades do río Tollo (Agustín Ferreira Lorenzo),  e outro en Tui, baixo un pequeno viaducto da autovía Tui-Vigo, nas proximidades do empalme Tui-Guillarei (Emilio Alonso Gómez).  Pois ben o pasado sábado 11 de xullo, un equipo de ANABAM (Ricardo Portela Vilas e Agustín Ferreira Lorenzo), levaron a cabo unha ruta que deron en chamar "ruta das andoriñas" que tiña por finalidade recabar datos de andoriña das barreiras (Riparia riparia) e da andoriña dáurica. A única zona de aniñamento actual coñecida por nós no Baixo Miño,  desapareceo totalmente hai uns días polos aterramentos que se están efectuando na zona. Este enclave estaba situado nos viñedos existentes a carón da estrada A Guarda-Goián. Da andoriña dáurica que aniñaba en Goián, non atopamos rastro, o niño estaba destruido, cousa que xa acontecera na visita que realizamos o pasado ano. Dirixímonos cara a Tui co ánimo de controlar os dous niños que, a priori había alí o pasado ano. Pois ben, un deles continuaba operativo e mesmo observamos como a parella aportaba alimento ao interior do niño. O outro dos niños estaba destruído, situado, ó igual que o anterior, baixo un dos viaductos. Decidimos investigar polos arredores, e cal non sería a nosa sorpresa cando observamos unhas andoriñas que revoloteaban a poucos metros do chan capturando alimento. Acababamos de ter a primeira observación de andoriña dos penedos (Ptyonoprogne rupestris) do Baixo Miño e, probablemente, do suroeste da provincial de Pontevedra. O niño atópase situado nun lateral dun dos viadurctos existentes na zona, tendo catro polos no seu interior. Pero a sorpresa viuse acrecentada ao observar un mínimo de catro niños de andoriña dáurica (un deles destruído, outro completo pero posiblemente non operativo e dous en plena actividade) e ao menos dúas parellas na zona con continuas entradas e saídas aportando alimentos a dous destes niños.
15/VII/2008

ANDORIÑAS NO BAIXO MIÑO
       En Galicia viven un total de 5 especies de andoriñas das que soamente unha é sedentaria, a andoriña dos penedos, as demais son migradoras africanas. Ata o ano 2005, no Baixo Miño unicamente habitaban tres das especies que aparecían en Galicia, a partir dese ano, o número de especies de andoriñas empezou a subir. Dende o 2008, segundo datos recollidos por ANABAM, igualouse o número de especies ao do resto da comunidade galega. Véxase o seguinte cadro.
15/VII/2008

AMEAZAS PARA ALGUNHAS ANDORIÑAS

      Aínda que todas as especies de andoriñas están presentes no Baixo Miño, non todas teñen unha distribución xeneralizada na comarca. Como podemos ver no cadro que vai a seguir, soamente Tui ten a honra de contar cunha representación de todas elas.
      Agás a andoriña común, e as dúas novas que empezaron a colonizar o Baixo Miño, as demais atópanse nunha situación extraordinariamente precaria na comarca. A das barreiras pero sobre todo a do cu branco, están a sufrir unha clara regresión. Desta última, podemos afirmar que a súa poboación debeu descender claramente en máis dun 50 %. A andoriña das barreiras aniña "nos cortados" de extracción de xabre onde a consistencia do terreo sexa de carácter arxiloso ou térreo. A medida que estes "cortados" desaparecen pola extracción do xabre, polos aterramentos ou pola vexetación, as andoriñas das barreiras, desaparecen tamén. A andoriña do cu branco aniña baixo os aleiros dos tellados e dos balcóns, no exterior, nunca nas bodegas, como o pode facer a andoriña común. O descenso destas aves débese á destrución dos niños por parte dos propietarios ou inquilinos das vivendas onde aniñan. Os excrementos que xeran estas andoriñas son os responsables da súa destrucción.

Á dereita, silueta dun niño de andoriña dáurica
destruído de xeito natural

Niño de andoriña dáurica. Obsérvese a entrada tipo "tunel". Estes niños teñen certa semellanza con un iglú invertido.
Mapa da distribución actual das áreas de aniñamento das diferentes
especies de andoriñas presentes no Baixo Miño galego portugués.
Niños de andoriña de cu branco
Regreso al contenido