TALUDES DE ANIÑAMENTO DA ANDORIÑA DAS BARREIRAS - Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)

ANABAM
Apdo 59 (Calvario, 44-baixo) 36780-A Guarda (Po) Móbil-WhasApp: 61 61 80 557 Correo electrónico: anabam.anabam@gmail.com
ANABAM
Vaya al Contenido

TALUDES DE ANIÑAMENTO DA ANDORIÑA DAS BARREIRAS

COLABORA > ENVIO DATOS FAUNA-FLORA > PROXECTOS > PROXECTO ANDORIÑA
TOMIÑO, 2009: PRIMEIRA CITA DE ABELLARUCO NO BAIXO MIÑO
      No mes de abril de 2009, durante un dos nosos traballos de campo, recollendo datos das andoriñas das barreiras (Riparia riparia) no municipio de Tomiño, tivemos a enorme sorte de observar por primeira vez a primeira parella de abellarucos (Merops apiaster) rexistrada na bisbarra baixomiñota. Esta parella compartía espazo coas andoriñas citadas. Dende aquela data, non volvemos observar novamente esta especie. Lembremos que o abellaruco en Galicia só está presente nunha pequena área do sur e leste da providencia de Ourense, polo que aquela observación constituíu un fito importante para a ornitoloxía non só do Baixo Miño, senón, atreveriámonos dicir, para a comunidade galega.
AS ANDORIÑAS NO BAIXO MIÑO
    De entre as cinco especies de andoriñas que temos no Baixo Miño, unha delas aniña nas barreiras, de aí que reciba o nome de ANDORIÑA DAS BARREIRAS (*Riparia riparia*). Neste senso, o municipio de Tomiño sempre foi "unha potencia" no Baixo Miño, no que respecta á presenza desta especie. Porén, cada vez estas aves téñeno máis difícil, e o número de lugares propicios vai en descenso debido a varios factores, entre eles, a destrución das barreiras e a que moitas acaban por se cubrir de vexetación que impiden que as andoriñas poidan acceder a elas. O sábado 1 de abril de 2023, dentro do PROXECTO ANDORIÑA, andivemos na procura das posibles barreiras de aniñamento no concello de Tomiño, atopamos dúas: unha en boas condicións e outra con bastante vexetación, que sería preciso limpar, polo que, mantivemos días despois, unha visita á zona acompañados da concelleira de M.A. do concello de Tomiño e do Pte. da Comunidade de Montes de Taborda.

   Visitando a única barreira da que temos constancia (2023) en Tomiño con niños de andoriñas. (Alfonso Pazos -C. Montes Taborda-, Ana B. Casaleiro -Concelleira M.A. (Tomiño)- e Luís Dorado (ANABAM).

      O CONCELLO DE TOMIÑO está implicado directamente tanto na protección como na conservación dos niños das andoriñas, sumándose activamente á campaña desenvolvida por ANABAM. O sábado, 8 de abril de 2023, visitamos dúas barreiras da parroquia de Taborda acompañados da Concelleira de M.A., Ana Belén Casaleiro e do Pte. da Comunidade de Montes, Alfonso Pazos. Na primeira das barreiras visitadas, puidemos ver un grupiño dunhas vinte andoriñas, recentemente chegadas, sobrevoando a zona. Na segunda das barreiras, aquela na que aniñaran os abellarucos, a vexetación impedía a presenza das andoriñas, polo que a Ana Belén comprometeuse co permiso da Comunidade de Montes, retirar a vexetación que impide que estas aves poidan novamente volver aniñar na citad barreira.

  2ª: Barreira cuberta de vexetación que será rehabilitada polo Concello de Tomiño para que poida ser novamente utilizada polas andoriñas.




Regreso al contenido