XUNTANZA DO GRUPO ANTIHERBICIDAS - Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)

ANABAM
Apdo 59 (Calvario, 44-baixo) 36780-A Guarda (Po) Móbil-WhasApp: 61 61 80 557 Correo electrónico: anabam.anabam.@gmail.com
ANABAM
Vaya al Contenido

XUNTANZA DO GRUPO ANTIHERBICIDAS

AMEAZAS AMBIENTAIS
PRIMEIRA XUNTANZA DO GRUPO ANTIHERBICIDAS DO BAIXO MIÑO

DATA: 13/10/2019
HORA: 11:00 horas
LUGAR: Local de ANABAM
ASISTENCIA: Fernández Lomba, Miguel
                   Ferreira Lorenzo, Agustín
                  Martínez Maza de Lizana, Lúa
                   Martínez Villa, Brais
                   Morais Martínez, José Luís
                   Portela Romero, Marta
                   Pousa Barros, Andrea
                   Torre Dávila, Javier

O motivo desta xuntanza foi dobre: por unha banda coñecernos e, por outra, trazar as primeiras liñas de actuación. Neste senso, os acordos adoptados poden resumirse nos seguintes:
    
    a/ Presentar nos concellos do Baixo Miño un escrito no que se pedirá aos Alcaldes e grupos políticos con representación municipal que o concello en cuestión estea libre de herbicidas, non só de glifosato. Que en vez de utilizar este produto, as cunetas se limpen manualmente, un xeito de fomentar a creación de postos de traballo. Finalmente, que este asunto sexa presentado en pleno.
    b/ Solicitar unha entrevista cos respectivos Alcaldes e Concelleiros de Medio Ambiente para tratar sobre este asunto.
    c/ Que cada concello poña nas principais entradas do mesmo un cartel sinxelo coa lenda: CONCELLO LIBRE DE HERBICIDAS.
    
  Ademais do anterior, foi acordado que, de xeito rotatorio, co fin de facer partícipes e activos a tódolos membros do grupo, se leven a cabo inicialmente os seguintes pasos:
       1/Facer un vídeo publicitario do Grupo e da Campaña, encargado do mesmo Brais Martínez Villa.
       2/ Redes sociais, infografía, etc, será a encargada Marta Portela Romero.
       4/ Prensa: Brais Martínez Villa.
       5/ Redacción documento, encargada: Lúa Martínez Maza de Lizana e Olalla Álvarez Troncoso.
       3/ Xestión coa administración encargado Agustín Ferreira Lorenzo

    
nota de prensa

XUNTANZA DO Grupo Antiherbicidas do Baixo Miño.
Máis dunha ducia de persoas preocupadas pola utilización de herbicidas en espazos públicos únense para erradicar o seu uso na bisbarra do Baixo Miño por parte da administración.
Baixo Miño, 14 de outubro de 2019
A pasada fin de semana, un grupo de persoas do Baixo Miño mantiveron a primeira
reunión do recén creado Grupo Antiherbicidas do Baixo Miño, formado por máis dunha ducia de persoas, que se unen para loitar contra o uso de herbicidas por parte da administración nos espazos públicos: estradas, camiños, etc. Na xuntanza trataron e acordaron os pasos a seguir para que os concellos do Baixo Miño sexan libres de calquera uso de herbicidas por consideralos prexudiciais para a biodiversidade, para a saúde das persoas e para os animais domésticos.
Actualmente, os herbicidas son utilizados para a eliminación de vexetación polas
institucións públicas,  principalmente nas estradas. Ante este uso, este grupo amósase en contra da utilización con dito fin, propondo como un posible sustituto a esta técnica o
uso de man de obra, fomentado así o emprego e respectando o entorno. Precisamente nunha das últimas fumigacións con este sistema levada a cabo no pasado mes de setembro, resultou afectado un veciño da Guarda  que foi trasladado en ambulancia dende o servicio de urxencias da Guarda ao Hospital Álvaro Cunqueiro (pode verse información do caso en www.anabam.org).
A contaminación de acuíferos, a afectación da fauna e a destrucción do medio son
outras consecuencias que se denuncian con esta práctica.
É por iso, que este grupo oponse totalmente a estas tarefas,  polo que, entre outras accións que se desenvolverán,  está a de solicitar unha xuntanza con cada un dos alcaldes e alcaldesas de cada concello co fin de expresar a nosa preocupación por estes feitos . . As medidas que se leven a cabo, xunto coa concienciación social, serán os primeiros pasos a seguir polos integrantes.
O grupo continúa aberto a calquera persoa interesada en formar parte do mesmo, pois somos conscientes que soamente coa presión social seremos capaces de erradicar estas malas prácticas, para iso as persoas interesadas poden porse en contacto no enderezo anabam.anabam@gmail.com ou no teléfono 616 180 557.
Regreso al contenido