Tuberaria guttata - Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)

ANABAM
Apdo 59 (Calvario, 44-baixo) 36780-A Guarda (Po) Móbil-WhasApp: 61 61 80 557 Correo electrónico: anabam.anabam.@gmail.com
ANABAM
Vaya al Contenido

Tuberaria guttata

BIODIVERSIDADE > FLORA
Sección Botánica "Baltasar Merino"
  Esta planta podemos vela abondosamente no piñeiral da praia de Camposancos, A Guarda. Caracterízase polas súas flores amarelas de cinco pétalos, cada un cunha manchiña escura na base dos mesmos. Esta manchiña pode ser máis ou menos aparente, como se pode apreciar na fotograía inferior.
   Florece a partir de marzo e vaise deixar ver ata o mes de agosto.


  Flor onde as manchas escuras son moi aparentes. A forma máis abondosa e habitual é aquela que ten estas manchas reducidas na base dos pétalos, como é no caso da fotografía superior. A especie pertence á familia Cistácea (Cistaceae) que se caracteriza por ter 5 pétalos caedeiros, isto é, si a arrincamos, estes pétalos caen practicamente de inmediato.
Regreso al contenido