VISITA GUIADA ÁS SALINAS ROMANAS E PRERROMANAS DA GUARDA - Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)

ANABAM
Apdo 59 (Calvario, 44-baixo) 36780-A Guarda (Po) Móbil-WhasApp: 61 61 80 557 Correo electrónico: anabam.anabam@gmail.com
ANABAM
Vaya al Contenido

VISITA GUIADA ÁS SALINAS ROMANAS E PRERROMANAS DA GUARDA

EDUCACIÓN AMBIENTAL E VISITAS GUIADAS
A ACTIVIDADE:

    Esta actividade consiste nun percorrido pola senda litoral que bordea a costa sur da praia, deténdonos nas salinas romanas e nas pías salineiras.
   Durante este percorrido explícanse os datos máis interesantes das salinas e se fai unha pequena aproximación ao seixal que se atopa a carón das salinas romanas.

A QUEN VAI DIRIXIDA ESTA ACTIVIDADE?
   CENTROS ESCOLARES: Para estudantes dende 3º primaria ata Bacharelato e Formación Profesional. Tamén para ASOCIACIÓNS, GRUPOS ORGANIZADOS, etc.

PREZO: 1€/persoa (vai destinado a sufragar os gastos da asociación: estudos, campañas de protección, material, etc)

DATAS DA VISITA: Calquera época do ano.
CARACTERÍSTICAS DA VISITA
    Lonxitude do persorrido:Aproximadamente 4 quilómetros (ida).

    Duración da actividade: De 2 a 2,5 horas.

    Dificultade: Ningunha. Apta para tódalas persoas,

    Punto de partida: Praia do Carreiro, no porto da Guarda, ao lado da Lonxa.
    

PARA MÁIS INFORMACIÓN:

    Chamada ou Whasapp ao 61 61 80 557.
   Tamén correo electrónico: anabam.anabam@gmail.com


PARA RESERVAR PRAZA:
     Cubrir a ficha adxunta, previamente deberase contactar para ver se no día elexido non está ocupado.











Foto: Sara Carrera Coimbra
Regreso al contenido