|
| |
|
Actualizado o 15-07-2008 |
|
PROXECTO: ATLAS
HERPETOLÓXICO DE GALICIA

A petición de
Moisés Asensi, da SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural), acordamos
colaborar con esa entidade naturalista enviando os datos herpetolóxicos
recollidos nas nosas saídas ao campo, xa que isto non suporá maior traballo
para nós, pois os datos obtidos van ser os mesmos que recabamos para os
nosos propios proxectos, con esta finalidade mantivemos unha entrevista co
coordinador do proxecto o sábado 31 de maio co fin de informarnos dos
pormenores do mesmo.
PROXECTO: ESTUDIO XENÉTICO DE LUCANUS CERVUS
(VACALOURA)
Este proxecto ten como obxectivo o estudio das relacións xenéticas entre as
distintas poboacións hispanas da vacaloura. O estudio vai permitir evaluar
se as poboacións da Sierra de Guadarrama e Montes de Toledo posúen unha
composición xenética diferente ou depapuperada respecto a outras
poboaciónsda Península, e si dita composición xenética fainas especialmente
susceptibeis a outrasamenazas. O grao de diferenciación xenética entre as
poboacións do norte de España e as poboacións de Sierra de Guadarrama, vai
permitir evaluar o grao de aillamento destas últimas e decidir si se require
algún tipo de actuación.
O
coordinador do proxecto é Marcos Méndez Iglesias, da Área de Biodiversidad y
Conservación da Universidade Rey Juan Carlos. O motivo deste estudio ven
dado pola área de distribución da vacaloura pois existen dúas zonas
principais de distribución na Península Ibérica, unha septentrional que vai
de oeste a este (dende Galicia ata Cataluña) e outra meridional, na Sierra
de Guadarrama e Montes de Toledo.
A
petición do coordinador do proxecto, ANABAM vai colaborar no mesmo, polo que
xa empezamos a traballar nel.

Pombal encaramado nun carballo centenario, no que
adoita haber cadáveres de vacalouras nestas dats, tratando de atopar alguns
restos das mesmas para o proxecto.
|
|
Actualizado o 29-05-2008 |
|
Espectaculares imaxes dun lagarto e dunha cobra, obtidas hai varios anos en
Goián por José Manuel Alonso Valverde.
Vendo estas fotografías, antóxanos unha loita encarnizada entre o cobregón (Malpolon
monspessulanus), a cobra máis grande do Baixo Miño, pode acadar os dous
metros de lonxitude, e o lagarto arnal (Lacerta lepida), o lagarto
máis grande que temos na comarca.

A espectacularidade das imaxes non
deixa dúbidas do acontecido. A morte chegou para os dous animais.

Só a casualidade permite estar no lugar axeitado e no
momento adecuado, e iso aconteceo co autor da fotografía, José Manuel, quen
poido ver o espectáculo en vivo e en directo.
|
| Actualizado o 15-05-2008 |
|
As xenetas (Genetta genetta), son animais nocturnos que, por este
motivo, son difíciles de ver. É máis habitual observar cadáveres nas
estradas víctimas de atropelos. Nesta ocasión puidemos fotografar un
animal vivo aínda que non no seu hábitat natural. Unha trampa, destinada,
parece ser, para a captura de visóns, serviu o pasado 14 de abril para que
un fermoso exemplar deste mustélido caira na mesma. A persoa responsable da
trampa púxose en contacto cun axente forestal quen se fixo cargo do animal.
Éste a súa vez, contactou con membros de ANABAM por si estabamos interesados
en obter algún dato do animal. Posteriormente foi liberado nun monte
próximo.

A xeneta capturada, cando aínda estaba no interior da
gaiola que a trasladaría a o monte para a súa liberación.

Pimentel, o axente forestal que recolleu a xeneta, pouco
antes de soltar ao animal no monte.
|
| |
|
BAIXO MIÑO:
ÁREA
COMARCAL DE INTERESE
PAISAXÍSTICO
(ACIP)
1: NIÑO DO CORVO (O ROSAL)
|
|
BAIXO MIÑO:
ELEMENTO
NATURAL DE INTERESE COMARCAL
(ENIC)
1: ROCHEDOS DE FIGUEIRÓ (TOMIÑO)
2: FERVENZAS (O ROSAL; OIA)
3: CARBALLOS CENTENARIOS DE TEBRA (TOMIÑO)
4: FENTOS ARBOREOS DE OIA
|
|
ELEMENTOS
PATRIMONIAIS DE INTERESE NATURAL E PAISAXÍSTICO
(EPINP)
CETÁREAS
MUÑOS DE VENTO
PESQUEIRAS
|
|
LUGAR DE
INTERESE COMUNITARIO
(LIC)
BAIXO MIÑO
|
|
ZONA DE
ESPECIAL PROTECCIÓN DE AVES
(ZEPA)
DO ESTEIRO DO MIÑO
|
|