anabam

traballando polo patrimonio natural

do Baixo Miño galego-portugués

 

anabam.anabam@terra.es     

 

ANABAM

 -EVENTOS -  ACTOS

 -LEMBRANZAS

 -CONTACTO - HORARIO OFICINA-

 -ASOCIARSE

-AS NOSAS COUSAS

-EDUCACIÓN AMBIENTAL

-ACTIVIDADES

-VOLUNTARIADO

-VISITAS GUIADAS

-CURSOS

-PUBLICACIÓNS

-VÍDEOS

 

PROGRAMA DE ACTOS E ACTIVIDADES

25  ANIVERSARIO

 

DÍA 7 FEBREIRO: VISITA ORNITOLÓXICA GUIADA

(VER INFORMACIÓN)

 

CICLO DE CINE DOCUMENTAL NO BAIXO MIÑO: Febreiro e marzo. 

VÉXASE INFORMACIÓN

 

CONCURSO PARA ESCOLARES E ESTUDANTES: Destinados a escolares de

Infantil;  primaria e estudantes da ESO, Bacharelato; Ciclos medio e Superior e

Universitarios.

VÉXANSE AS  BASES.

 

ENTREGA PREMIOS CONCURSO ESCOLAR

12 DE XUÑO

 

EXPOSICIÓN: A Biodiversidade do Baixo Miño a través de 25 anos de ANABAM.

A partir do mes de setembro

 

ASOCIACIÓN  NATURALISTA  "BAIXO  MIÑO"

 

 

SECCIÓNS

INICIO

PORTADA

 

PORTADAS ANTERIORES

 

XEOLOXÍA

 

PEGADAS

 

FENOLOXÍA

 

FAUNA

ENTOMOLOXÍA

MORTANDADE

 

INFORMACIÓN-09

 

AGRESIÓNS

 

CARTAS

 

ESPAZOS NATURAIS

 

COLABORACIÓNS

 

O MERCADIÑO

 

ANABAM VIDEO

 

CAMPAÑAS 2010

 

 

PLAN DE ESPECIAL SEGUIMENTO

(P.E.S)

QUE É O PES

CAMARIÑA

CHARAXES

PÍLLARA PAPUDA

EURYNEBRIA

OTANTHUS

ANDORIÑA DE CU BRANCO

PRAIA CAMPOSANCOS

 

WOODWARDIA RADICANS

 

FENTOS ARBÓREOS

 

 

TRABALLOS DE CAMPO

VARAMENTOS CETÁCEOS

 

VARAMENTO FOCAS

 

VARAMENTOS TARTARUGAS

 

FAUNA ATROPELADA

 

BOLBORETAS

ATLAS DA BIODIVERSIDADE

ATLAS DAS ESPECIES EXÓTICAS

 

CENSOS

 

PROXECTO ANDORIÑA

 

PROXECTO ODONATA

 

 

 

SOCIOS

>>ENLACES A PÁXINAS

>> ACTIVIDADES

>> INFORMACIÓNS

 

AS FOTOS DE LUIS DORADO

 

 

COLABORACION BOLBORETAS

 

 

 

 

 

 

 

 

 

VARAMENTO DE

TRES CETÁCEOS NUNHA SEMANA

 

IR A CETÁCEOS 2006

IR A CETÁCEOS 2007

IR A VARAMENTO CETÁCEOS 2008 (FICHAS)

IR A MAPA VARAMENTOS 2008

IR A ANÁLISE DOS VARAMENTOS 2008

 

IR A VARAMENTOS CETÁCEOS 2009

 

IR A VARAMENTOS MAIO 2009

 

IR A RORCUAL ALIBRANCO

 

VARAMENTOS TARTARUGAS

IR A VOLUNTARIADO

 ZONA DE PROSPECCIÓN E

CARACTERÍSTICAS DOS CETÁCEOS

COMPARATIVA 2009

IR A VARAMENTOS CETÁCEOS 2010

 

 

Actualizado o 18-05-2009

Novos cetáceos aparecen varados na

costa do concello de Oia

 

Rorcual alibranco (Balaenoptera acutorostrata)

 

Texto e fotos: Manuel A. Pombal Diego

       Os últimos días foi noticia nos medios de comunicación a presenza dunha balea e dun caldeirón que foron localizados na costa de Oia o pasado día 13 de maio. A balea, un exemplar de rorcual alibranco (Balaenoptera acutorostrata), medía 536 cm, calcúlase que podía pesar dúas toneladas e media, e foi identificada como femia polos membros da CEMMA. Apareceu varada ó norte do Porto de Salcidos, mais ou menos a altura da depuradora sita preto do Porto de Mougás. O exemplar xa estaba bastante deteriorado, sobre todo a zona do morro e parte da pel. O xoves día 14 foi retirado da praia de bolos onde se encontraba por un tractor do concello de Oia e ubicado ó lado da estrada xeral N-552 (Baiona-A Guarda) para ser cargado ó día seguinte nun camión enviado pola Consellería de Medio Ambiente para levalo para A Coruña. Os operativos de retirada do animal foron coordinados polo concelleiro de Medio Ambiente do concello de Oia (Manuel Miniño) e unha técnico da Consellería de Medio Ambiente.

Cabe salientar que fai xusto un ano (17 de maio de 2008) varou un exemplar da mesma especie que medía 820 cm e pesaba unhas 5 toneladas no Porto de sartaxes na parroquia de Viladesuso (apenas a un quilómetro de distancia da atopada agora en Mougás). Tal e como acontecera fai un ano, foron moitos os curiosos que se acercaron a ver o animal varado, parte deles pararon ó velo ó carón da estrada cando circulaban pola N-552.

Os exemplares desta especie poden alcanzar os 10 metros de lonxitude, sendo as femias maiores cos machos. Os machos son maduros ós 6 anos (7 metros de lonxitude) e as femias ós 7 anos (7,5 metros de lonxitude corporal). Crecen hasta os 18-20 anos e poden alcanzar os 60 anos de idade. O período de xestación dura uns 11 meses, e as crías ó nacer mide cerca dos 3 metros e pesa uns 350 quilos. Permanecen xunta as nais como lactantes hasta os 5 meses de vida. Aínda que poden alcanzar as 14 toneladas de peso, normalmente non pasan das 10. Caracterízanse por ter entre 230 e 360 pares de barbas na boca. A aleta dorsal é a mais alta de todos os rorcuales. Entre as aletas pectorais e a gorxa teñen de 50 a 70 surcos. A cor é gris escuro ou negruzco no dorso e nos flancos, con algunhas franxas laterais, e branco no ventre. Na aleta dorsal presentan unha franxa branca que é orixe do seu nome de alibranca.

Aliméntanse de krill, e peixes pequenos como o arenque a sardiña ou o bacalao ou de cefalópodos. Son bos nadadores podendo alcanzar os 16 nudos de velocidade. É unha especie cosmopolita e protexida, xa que é a única balea explotada comercialmente na actualidade. No libro vermello dos vertebrados de España está catalogada como especie vulnerable. A costa occidental de Galicia é a zona da costa española con maior densidade de varamentos desta especie.

Caldeirón (Globicephala melaena)

      O mesmo día 13 foi localizado por un membro da CEMMA un caldeirón na zona sur do concello de Oia, no lugar coñecido como As Laxes do Alto. O animal levaba xa varios días morto e presentaba signos de deterioro como a lingua inchada, parte das vísceras fora e a cola bastante rota. O exemplar media 380 cm e atopábase agochado e encaixado entre varias rochas nunha zona de difícil acceso.

      Finalmente, este domingo día 17, unha chamada do 112 alertou ó alcalde do concello de Oia da presenza doutro caldeirón na zona das Mariñas de Mougás. O exemplar foi localizado ó norte da piscifactoría Acuinova á altura da Punta da Cagareta. Trátase dun macho de 248 cm de lonxitude que tamén leva varios días morto. Presentaba varios furados entre as aletas pectorais, parte das vísceras fora e a cola comida parcialmente (mesmo puidemos comprobar como varias gaivotas picoteaban e comían restos da cola).

Comparativa cos varamentos do ano pasado (2008)

Os últimos achádegos no que levamos do mes de maio (dous golfiños, dous caldeiróns e un rorcual alibranco), xunto cos catro golfiños dos meses anteriores completan un total de 9 cetáceos varados na costa Baixomiñota no presente ano 2009. É dicir, mais da metade foron rexistrados nos primeiros 17 días de maio. A estas alturas do mes o ano pasado xa levábamos rexistrados 19 cetáceos, sendo o mes de abril o de maior número de rexistros (con 6 golfiños e un caldeirón). Curiosamente este ano todos os rexistros se produciron na costa do concello de Oia (onde tamén se atopou una tartaruga de coiro a primeira semana de xaneiro).

 

Máis información, ir a VARAMENTOS 2009

 

 

CAMIÑANDO POLO

BAIXO MIÑO

a.-Costa sur da Guarda

 

BAIXO MIÑO:

ÁREA COMARCAL DE  INTERESE NATURAL

(ACIN)

 

1: COMPLEXO NATURAL DA GROVA:

 

ðA VALGA

ðPINZAS

ðTORROÑA

 

2: RÍO CEREIXO

 

 

BAIXO MIÑO:

ÁREA COMARCAL DE  INTERESE PAISAXÍSTICO

(ACIP)

 

1: NIÑO DO CORVO (O ROSAL)

 

 

BAIXO MIÑO:

ELEMENTO NATURAL DE  INTERESE COMARCAL

(ENIC)

 

1: ROCHEDOS DE FIGUEIRÓ (TOMIÑO)

 

2: FERVENZAS (O ROSAL; OIA)

 

3: CARBALLOS CENTENARIOS DE TEBRA (TOMIÑO)

 

4: FENTOS ARBOREOS DE OIA

 

 

 BAIXO MIÑO:

ELEMENTOS PATRIMONIAIS DE INTERESE NATURAL E PAISAXÍSTICO

(EPINP)

 

CETÁREAS

MUÑOS DE VENTO

PESQUEIRAS

 

 

 

ZONA DE ESPECIAL PROTECCIÓN DE AVES

(ZEPA)

(REDE NATURA 2000)

 

 ESTEIRO DO MIÑO

 

 

LUGAR DE INTERESE COMUNITARIO

(LIC)

(REDE NATURA 2000)

 

BAIXO MIÑO

 

 

ESPACIO PRIVADO DE INTERESE

NATURAL

(EPIN)

 

ðSOBREIRAL DE FARO

 

 

OUTROS ESPACIOS E ENCLAVES COMARCAIS

 

ðMUÍÑOS DO FOLÓN E PICÓN

 

 

BAIXO MIÑO

PORTUGUÉS

 

VILA PRAIA DE ÁNCORA

 

AMIAL DO ARAO (VEIGA DA MIRA)

 

 

ILLAS DO BAIXO MIÑO

 

A INSUA

 

 

RÍOS DO BAIXO MIÑO

 

ðTAMUXE

 ðVILACHAN

 

 

METEOGALICIA

MAREAS

 

 METEOROLOXIA COMARCAL:

 Castro Vicaludo (Oia)

Monte Aloia (TUI)

 

 VISOR SIGPAC

 

 

TRAMO INTERNACIONAL DO MIÑO

 

-ARTES DE PESCA E DATAS

 

-ESPECIES E MEDIDAS

 

NORMAS PROVISIONAIS REGULADORAS DA NÁUTICA DE RECREO NO TRAMO INTERNACIONAL DO RÍO MIÑO

 

Edicto Tramo Internacional do Río Miño

 

PARQUE NATURAL DO MONTE ALOIA

 

>INFORMACIÓN

 

>PLAN REITOR DE USO E XESTIÓN

 

>PORN

 

>DECRETO APROBACIÓN PORN

 

>REGULAMENTO RÉXIME INTERIOR

 

>HISTORIA

 

>PUBLICACIÓNS